Tres xogadores da Costa da Morte clasificados para o Campionato Galego de Bádminton

Vimianzo e Camariñas poden estar contentos, pois 3 cativos dos seus concellos participarán no Campionato Galego de Bádminton. Trátase dos xogadores das Escolas Deportivas de Vimianzo, Jorge Quintáns e José M. Suárez, e a camariñá Karen Rodríguez. Os 3 participarán na vindeira cita do deporte escolar a final Galega do 21 e 22 de maio de 2011 en Outes (A Coruña).

Campionato Provincial

Os días 9 e 10 de abril de 2011 celebrouse no Pavillón do Club el Mar de San Amaro da Coruña o Campionato Provincial Escolar de Bádminton da Provincia da Coruña organizado polo Servizo Provincial de Deportes da Coruña da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Bádminton e o Club do Mar de San Amaro e que contou co patrocinio da Secretaria Xeral Para o Deporte.

Cerca de 300 deportistas e técnicos se citaron na Coruña representado a toda a provincia para disputar entre o sábado e o domingo case 500 partidos nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete de onde sairá a representación provincial para o próximo Campionato Galego escolar os días 21 e 22 de maio de 2011 en Outes (A Coruña).

As entidades presentes no evento foron:

  • Zona Ferrol: EDM Cedeira e CD Comarca Lambre Mandeo de Monfero.
  • Zona A Coruña: ADC Obradorio e Club del Mar de San Amaro da Coruña.
  • Zona Santiago: CEIP Campomaior de Ordes, CEIP Presáras de Vilasantar, EDM de Trazo e EDM Boimorto.
  • Zona Costa da Morte: EDM Camariñas, EDM Vimianzo, CB Outes, Concello de Fisterra, ES Fontexería de Muros e IES Praia de Barraña de Boiro.

Clasificados para o Campionato Galego

Os representantes das escolas de Cedeira con oito títulos e Club del Mar de San Amaro con sete foron os dominadores do provincial e copan a maioría das prazas para o Campionato Galego.

Entre eles coláronse dous xogadores das Escolas Deportivas de Vimianzo, Jorge Quintáns subcampión do campionato en categoría benxamín despois dunha apretadísima final cun tanteo de 30-29; e José M. Suárez cun 3º posto en categoría alevín que lle da a opción de participar no Campionato Galego; tamén se acadou a clasificación para o Galego en categoría infantil a xogadora da Escola de Camariñas Karen Rodíguez.

Resultados do Campionato Provincial

Este foi o cadro de honor da proba e clasificados para el Campionato Galego Escolar de Bádminton:

Categoría Benxamín Masculino

  • Ouro: Iker Trigo (EDM Cedeira- Cedeira).
  • Prata: Jorge Quintáns (EDM Vimianzo-Vimianzo)
  • Bronce: Andrés Barcia EDM Cedeira – Cedeira)

Categoría Alevin Masculino

  • Ouro: Pablo Pérez (EDM Cedeira - Cedeira)
  • Prata: Andrés Llamas (Club del Mar-A Coruña)
  • Bronce: José Manuel Súarez (EDM Vimianzo-Vimianzo)

Categoría Infantil Femenino

  • Ouro: Irene López (EDM Cedeira – Cederia)
  • Prata: Karen Rodríguez (EDM Camariñas – Camariñas)
  • Bronce: Celia Urrutia (EDM Cedeira – Cedeira)

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (Info@quepasanacosta.gal).