Triplete dos pequenos fisterráns do fútbol 8

Espectacular a infinita canteira da SD Fisterra. Prebenxamíns, Benxamíns e Alevíns fisterráns veñen de proclamarse campións das Ligas de Fútbol-8 da Costa da Morte. Unha nova demostración da inesgotable cantidade de talento que hai na vila do Cristo, como xa fixeran nos campionatos intercomarcais.

Os primeiros foron os máis pequenos, os prebenxamíns, que no primeiro ano da competición vencían a pasada fin de semana ao Xallas de Santa Comba por 6-3.

Esta semana tocoules ao resto, benxamíns e alevíns que tiveron que vencer aos equipos do UC Cee para cantar o alirón. Os Benxamíns podían cos ceenses con apuros por un apretado 3-4 mentres que os alevíns vencían con solvencia por 10-0.

Aínda quedan en xogo as Ligas dos Grupos Norte de Benxamíns e Alevíns. En Benxamíns, As Baleas e Coristanco están moi igualados, mentres que en Alevíns, as EFM Vimianzo son case que campións a falta de dous partidos por disputar.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).