Luns. 20.05.2024
El tiempo

Os pequenos da Costa demostran o seu potencial na Fase Intercomarcal

Os pequenos da Costa demostran o seu potencial na Fase Intercomarcal
Alevins do Vimianzo

Impresionante a participación costeira nas Fases Intercomarcais de Fútbol 8. Unha Fases que chegaron antes de tempo, no medio da tempada, pero por motivos necesarios. I é que este ano o campionato de F8 está organizado pola Federación, e para que cadrasen as datas, e se puidera xogar completa a Liga de Fútbol Sala que organiza o Clube Deportivo Costa da Morte, había que retrasar o comezo da Liga de F8 e había que aceptar que as Fases intercomarcais comezasen a medio camiño.

6 equipos

En todo caso, o #futboldacosta levou 6 representantes a Negreira: os benxamís do Fisterra, os alevíns do EFM Vimianzo e os infantís camariñáns das Baleas ademais dos das EFM Carnota e da Esteirana.

O Fisterra de benxamins campions intercomarcais-Foto-Ruben Valdomar

Os benxamíns fisterráns desfacíanse por 4-9 nas semis do Puebla, e superaban ao Negreira na final por 3-8.

Alevins do Vimianzo

A mesma superioridade amosaron os alevíns do EFM Vimianzo, vencendo 13-1 nas semis ao Valga e 1-6 na final ao Negreira.

Pola súa banda, os infantís das As Baleas foron os campións tras superar a dous veciños. En semis venceron aos rapaces da EFM Carnota, mentres que o Mazaricos facía o propio cos da Esteirana. Na final vencían os camariñáns aos mazaricáns, mentres nunha fermosa final de consolación, as EFM Carnota, que repetían participación por 4º ano, vencían a penaltis á Esteirana tras rematar 3-3 o partido.

Infantis das Baleas na Liga Costeira-Foto- Jorge Parri

Fase Provincial

Os 3 equipos estarán este vindeiro domingo nas Fases Provinciais que se celebran na Coruña, ante equipos da zona de Santiago.. Estaremos pendentes de todo o pque poden facer os nosos pequenos.

Pasillo ao campión

E deixamos un par de imaxes que viviron esta fin de semana os campos de Fontenla de Santa Comba e o Xosé Luís Vara de Esteiro. Ambos actos foron para entregar o trofeo de campións ao Xallas de Santa Comba Infantil e mais á Esteirana Cadete, ambos campiós de Liga facendo grandes temporadas.

Pasillo no XSC-Dubra aos infantis do XSC-Foto-XSC Esteirana campiona Cadete-Foto- Jorge Parri

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios