Ultima Hora: Etapa Fin do Mundo

A Deputación da Coruña colabora con Unipublic na “Etapa do Fin do MundoDIEGO CALVO recibirá mañá o Pelotón da Volta a España na Meta do Faro de Fisterra
  • Antes da chegada profesional celebrarase A Volta Junior con rapaces e rapazas da provincia que participaron durante o curso nas Aulas Ciclistas
Neste punto rematará ao redor das 17.00 horas o cuarto tramo desta proba, a coñecida coma “Etapa do Fin do Mundo” que sairá de Lalín e entrará na provincia da Coruña para percorrer un total de once concellos. Despois de pasar por Teo, Vedra, Santiago, Ames, Negreira, Mazaricos, Carnota, Dumbría, Cee, Corcubión, A Volta rematará a nova etapa no Faro de Fisterra onde estarán agardando o Presidente Provinicial, xunto co Director de Unipublic, empresa que organiza o evento e coa que a Deputación da Coruña colabora por segundo ano consecutivo para traer á provincia unha das  tres probas ciclistas máis seguidas do mundo.