Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preparados para a Etapa da Fin do Mundo

Preparados para a Etapa da Fin do Mundo
A Vuelta chega a fin do mundo

Xa trouxemos a Guía práctica para disfrutar da Etapa da Fin do Mundo (sería máis correcto chamala "Etapa da Fin da Terra", dende logo). Pero hoxe, xa coa Ruta Cicloturista desenvolta para quecer motores, seguimos creando espectación para un dos mellores espectáculos deportivos que se poden disfrutar na Costa da Morte.

Alomenos, un dos máis mediáticos dende logo, pois esta 4ª etapa da Vuelta a España 2013 será vista en máis de 150 países. Así, millóns de persoas disfrutarán das vistas aéreas que deixa a nosa bisbarra dende as súas pantallas, facéndoselle a boca auga e desexando visitarnos.

Por aló estará o noso corresponsal Jorge Parri, toda unha figura costeira xa acreditada para semellante evento, e que nos traerá unha fermosa galería de fotos.

Sen máis, alá onde a disfrutedes (xa viron na Guía que pasa por Santa Comba, Mazaricos, Carnota, Dumbría, Cee, Corcubión e Fisterra), nós tamén estaremos por aí!

A Vuelta Junior

E non só os profesionais terán cita. O mesmo martes, pero antes da chegada do pelotón de profesionais á meta, un grupo de xoves ciclistas da provincia realizarán o último tramo dentro de La Vuelta Junior.
A partir das 15.00 horas dese mesmo día realizaranse 4 carreiras no último quilómetro do percorrido nas que participarán entre 100 e 150 rapaces e rapazas de 3º,4º, 5º e 6º de primaria.
Os participantes formaron parte durante o curso das aulas ciclistas, un programa educativo paralelo a esta proba deportiva coa que ex ciclistas profesionais dan clases teórico-prácticas en colexios e escolas de concellos que forman parte do percorrido de cada edición.
Durante estas clases realizouse en cada centro unha gymkana para pór en práctica o aprendido e que serviu para realizar a selección dos participantes nesta versión junior de La Vuelta.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios