Un final de infarto deu unha das poucas alegrías da fin de semana de tenis de mesa

O AD ZAS Construcciones Cernadas conseguíu a vitoria máis significativa da fin de semana, con protagonismo de infarto para Stevo Lema, segundo pola esquerda Mala xornada a desta fin de semana para o tenis de mesa costeiro. 9 partidos e só 3 vitorias para os costeiros, que seguen traballando arreo e espallando a febre do tenis de mesa pola volta. A mellor nova, a primeira vitoria do AD Zas Construcciones Cernadas na 1ª División Galega, cun final de infarto que case acaba co noso Stevo.

2ª Divsión Nacional

  • Resultado: Mercantil Vigo Tenis de Mesa – AD Zas Ponciano Nieto (6-0).
Levaba moitas esperanzas de conseguir algo positivo o AD Zas Ponciano Nieto na viaxe a Vigo e ante un dos rivais que estará tamén na loita por evitar descenso. E eles sabedores tamén do moito que se xogaban puxeron os mellores xogadores na escea. Así e todo os zaseiros non deberon vir co cotundente resultado en contra pois Miguel Rey perdeu os dous partidos por 3-2 e un deles no desempate. Está claro que os madrugóns non sentan ben aos soneiráns. Serviu este encontro para o debut de José Ángel Lado nesta 2ª División Nacional que de momento lle queda moi alta pero tempo terá para chegar a ela en condicións. Nesta división hai que entrenar moito, estar en plena forma e xogar ben, nela están xogadores que xa estiveron en división superiores e que cos anos van baixando de categoría para non estresarse cos entrenos e competicións e ese nivel de xogo nótase. En Zas estase no camino e chegarase a el. Costaralles moito ao AD Zas Ponciano Nieto acadar a primeira vitoria pero seguro que este chegará, esperemos, na vindeira xornada.  

1ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Vilagacía TM - AD Zas Construcciones Cernadas (3-4).
A mellor nova da fin de semana foi a primeira vitoria do AD Zas Construcciones Cernadas nesta 3ª xornada, facendo bo o dito de “a terceira vai a vencida”. Os zaseiros superaron a un Vilagarcía que se presentaba cos seus mellores xogadores para esta división. Empezou Raúl perdendo un partido no que debía superar claramente a Marcelo Recuna pero os nervios non o deixan xogar con soltura, pero logo tanto Miriam como Stevo puxeron o marcador claro (3-1) gañando os seus individuais e o dobre e deixando para que Miriam cerrase o encontro ante Marcelo pero este estaba inspirado e con moitos ánimos despois da victoria inesperada contra Raúl, e, así superou a Miriam nun apretado 3-2 que poido ser para calquera. Logo Raúl non dou co xogo para superar a Ramón Tobío. E, xa cun 3-3 no marcador veu o definitivo entre Stevo e Jesús Recio no que os dous primeiros sets foron claros para Stevo pero Jesús animado polo público e por erros de inactividade de Stevo anotouse os dous seguintes chegando así a un definitivo 5º set donde Jesús sempre foi por diante e incluso se puxo 10-7 (con 3 bolas de partido e co delirio do público) e aí púxollas todas Stevo e cun final non apto para os que sufran do corazón superouno por 14-12, no que tamén tivo que esperar a terceira bola de partido para sentenciar.  

2ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio – Hípica Coruña (2-4).
  • Resultado: AD Zas O Pinar – Hípica Coruña (0-4).
  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras – Oroso TM (4-1).
  • Resultado: VTM Pizzeria Hilton – Oroso Peluquería Tije (0-4).
  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras – Oroso Peluquería Tije (2-4).
  • Resultado: VTM Pizzería Hilton – Oroso TM Trastes (3-4).
  • Resultado: Concello de Santa Comba – Arteal “B” (4-3).
Solo dúas vitorias en 2ª Galega entre todos os equipos da comarca. A máis importante foi a do Concello de Santa Comba ante un dos rivais que estará con eles na loita polo ascenso e cun axustado 4-3, e o partido clave entre eles foi o dobre no que tamén os xalleiros sairon victoriosos con outro apretado pero xusto 3-2. Con esta vitoria os de Santa Comba manteñense invictos xuntos cos de Noia, a pesar de que o Arteal está momentaneamente no primeiro posto xa que leva dous encontros máis xogados. A outra vitoria correspondeu ao VTM Pinturas Figueiras de Vimianzo ante o equipo Oroso TM Trastes onde están os rapaces que empezan e alguna vez acompañados por un veterano. Destacar no resto dos encontros a boa sintonía de todos, o desfrute do deporte, o bo ambiente e o aprender que sempre nos queda moito que adestrar.  

Xornada festiva

O pasado domingo 5 de novembro un total de 32 xogadores da comarca participaron na 2ª xornada da liga Ksas TM que se disputa en Sigüeiro, Oroso. Non é unha liga oficial pero que lles gusta moito a todos os que participan nela. O domingo pasado foron máis de 100 participantes e todos os da Costa foron en bus, gracias á colaboración dos concellos de A Baña, Vimianzo e Zas. Como é unha liga para fomentar o deporte do tenis de mesa, aos resultados daselle menos importancia pero todos queren gañar os seus partidos.  

Vindeira cita

O sábado 11 de novembro haberá os seguintes partidos 2ª División Nacional: AD Zas Ponciano Nieto – Vilagarcía TM, AS 17’00 H. no ximnasio do CPI de Zas. 1ª División Galega: - AD Zas Construcciones Cernadas – Monte Porreiro Mixto no ximnasio de Zas as 17’00 h. - Vilagarcía Tenis de Mesa – Concello de Mazaricos en Vilagarcía as 17’00 h.. 2ª División Galega: - AD Zas Dimobel Bazar Baio – Recreo Cultural de A Estrada as 16’00 h. no ximnasio de Zas - AD Zas O Pinar –Recreo Cultural de A Estrada as 18’00 h. no ximnasio de Zas - Concello de Santa Comba – VTM Pizzería Hilton as 16’00 h. no recinto feiral de Santa Comba - Concello de Santa Comba – VTM Pinturas Figueiras as 18 h. no recinto feiral de Santa Comba - Hípica Coruña – SD A Baña as 17’00 h. nas instalacións da Hípica en A Coruña.  

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Stevo Lema.