Unha fin de semana de Fútbol costeiro

Foron varios os choques que se disputaron na Costa da Morte esta fin de semana. E ata Esteiro e Malpica nos achegamos para ver como se desenvolveron as Semis do Campionato de Barrios de Esteiro, o Trofeo Os Petóns e o Trofeo da Mostra Olería de Buño.

37º Campionato de Barrios de Esteiro

Disputábanse as Semifinais do torneo de verán por excelencia na Costa da Morte. O Xosé Luís Vara presentaba un ambiente de excepción e o fútbol non defraudou.

Arrincaba o choque entre Independiente e Tal, e Manoliño e Adelino foron os protagonistas ao marcar os dous tantos que metían ao Independiente na final.

O domingo tocaba a segunda semifinal, máis disputada se cadra. Foron finalmente os Ciclóns do Maio os que vencían por un apretadísimo 1-2 ao Carallo Santo, a revelación deste ano. Rober Lago marcou para o Carallo Santo, mentres que Kike Paluca e Jorge mandaron aos Ciclóns á final.

Unha final que se celebrará no medio das Festas do Carme de Esteiro, e que enfrontará a Independiente e Ciclóns o venres 15 de agosto ás 19:00h.

Os Petóns

Que fermosos os trofeos do II Trofeo dos Petóns de Cerqueda, un carro de bois dos que levan no escudo os locais. Foi finalmente o Corme o campión do trofeo, ao impoñerse ao Sofán no decisivo partido por 0-2, con goles de Lucas e Josito. Antes, o Corme vencera ao Cerqueda no partido inaugural por 0-1, cun tanto de Brais, e o Sofán fixera o propio cos locais cos goles de Méndez e Iván Rojo.

Trofeo da Mostra da Olería

Mentres, Buño acollía un fermoso triangular (mágoa que o Malpica non quixese completar o torneo cos 4 equipos do Concello). Foi finalmente o Sporting Seaia o campión, tras empatar a 0 ante o Cerqueda no primeiro partido, e vencer 2-1 ao Buño. O empate no último partido entre Buño e Cerqueda a 1 deixou o enorme trofeo para os de Seaia.

O Soneira, segue adiante na Copa Deputación

Chegaba o Fabril, de novo, á Costa da Morte. E de novo marchaba sen premio. Desta volta, foi o Soneira o que se impuxo ao filial deportivista por 4-0, con goles de Javi, De la Sierra, Basti e Martín.
Este martes ás 20:00h, toca contra o Racing de Ferrol no Municipal vimiancés, xa en Semifinais.

O xalleiro Marcos Mouro, ao Deportivo

O cadete xalleiro Marcos Mouro, habitual coa Selección Coruñesa vén de ratificar a súa fichaxe polo Deportivo, equipo co que estivo a realizar a pretemporada.

Varu, ao banco do Camelle

Xa sabedes que tendes todas a gole de click todas as Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015. Unha das últimas que vimos de coñecer é a renuncia de Pupus a seguir no banco do Camelle. O seu posto será recollido polo ex xogador Varu.

Máis información

Novas relacionadas

  • O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
  • David Castro: O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa.
  • Novas relacionadas

    Fonte

    • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).