Luns. 09.09.2024
El tiempo

Unha fin de semana de Fútbol costeiro

Unha fin de semana de Fútbol costeiro
Foron varios os choques que se disputaron na Costa da Morte esta fin de semana. E ata Esteiro e Malpica nos achegamos para ver como se desenvolveron as Semis do Campionato de Barrios de Esteiro, o Trofeo Os Petóns e o Trofeo da Mostra Olería de Buño.

37º Campionato de Barrios de Esteiro

Independiente e Ciclons dispitaran a Final do Campionato de Barrios de Esteiro 2014

Disputábanse as Semifinais do torneo de verán por excelencia na Costa da Morte. O Xosé Luís Vara presentaba un ambiente de excepción e o fútbol non defraudou.

Arrincaba o choque entre Independiente e Tal, e Manoliño e Adelino foron os protagonistas ao marcar os dous tantos que metían ao Independiente na final.

O domingo tocaba a segunda semifinal, máis disputada se cadra. Foron finalmente os Ciclóns do Maio os que vencían por un apretadísimo 1-2 ao Carallo Santo, a revelación deste ano. Rober Lago marcou para o Carallo Santo, mentres que Kike Paluca e Jorge mandaron aos Ciclóns á final.

Unha final que se celebrará no medio das Festas do Carme de Esteiro, e que enfrontará a Independiente e Ciclóns o venres 15 de agosto ás 19:00h.

Os Petóns

Corme campion dos Petons Que fermosos os trofeos do II Trofeo dos Petóns de Cerqueda, un carro de bois dos que levan no escudo os locais. Foi finalmente o Corme o campión do trofeo, ao impoñerse ao Sofán no decisivo partido por 0-2, con goles de Lucas e Josito. Antes, o Corme vencera ao Cerqueda no partido inaugural por 0-1, cun tanto de Brais, e o Sofán fixera o propio cos locais cos goles de Méndez e Iván Rojo. Cerqueda nos Petons

Trofeo da Mostra da Olería

Seaia campion do Trofeo da Oleria Mentres, Buño acollía un fermoso triangular (mágoa que o Malpica non quixese completar o torneo cos 4 equipos do Concello). Foi finalmente o Sporting Seaia o campión, tras empatar a 0 ante o Cerqueda no primeiro partido, e vencer 2-1 ao Buño. O empate no último partido entre Buño e Cerqueda a 1 deixou o enorme trofeo para os de Seaia. Seaia campion do Torneo da Mostra de Oleria de Buno

O Soneira, segue adiante na Copa Deputación

Foto do marcador no Municipal de Vimianzo-Foto-Litos Chegaba o Fabril, de novo, á Costa da Morte. E de novo marchaba sen premio. Desta volta, foi o Soneira o que se impuxo ao filial deportivista por 4-0, con goles de Javi, De la Sierra, Basti e Martín.
Este martes ás 20:00h, toca contra o Racing de Ferrol no Municipal vimiancés, xa en Semifinais.

O xalleiro Marcos Mouro, ao Deportivo

Marcos Mouro O cadete xalleiro Marcos Mouro, habitual coa Selección Coruñesa vén de ratificar a súa fichaxe polo Deportivo, equipo co que estivo a realizar a pretemporada.

Varu, ao banco do Camelle

Varu toma o relevo de Pupus no banco do Camelle Xa sabedes que tendes todas a gole de click todas as Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015. Unha das últimas que vimos de coñecer é a renuncia de Pupus a seguir no banco do Camelle. O seu posto será recollido polo ex xogador Varu.

Máis información

Novas relacionadas

  • O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
  • David Castro: O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa.
  • Novas relacionadas

    Fonte

    Comentarios