Unha montaña rusa de emocións no Fútbol da Costa

O Soneira celebrando en Malpica o seu primeiro título da historia na 1ª e a súa volta a Preferente

Estrana fin de semana de abril para o Fútbol da Costa. A Costa da Morte vivíu en apenas unhas horas os momentos máis felices que se poden ver no fútbol á meirande traxedia que se pode sufrir nun campo..

Arrincaba o sábado coa cara triste do deporte. Abdulaye, aos seus 15 anos, perdía a vida no vestiario de Arliña, no transcurso do último partido da tempada da Liga de Cadetes. Tremenda a conmoción que provocaba a súa morte en todo o fútbol costeiro, e o Muxía CF recibiu numerosas chamadas de ánimo e mesmo o Presidente da Federación, Rafael Louzán e o Vicepresidente Villamisar, se desprazaron ata Muxía para darlle o pésame a toda a familia muxiá.

Unhas poucas horas máis tarde, en Pedra Queimada, o Soneira celebraba o seu primeiro título da 1ª Autonómica da historia, e a súa volta á Preferente apenas un par de anos despois do último descenso. O propio Soneira dedicaba o título á familia senegalesa.

E veña Fútbol

Case 2000 persoas no sambódromo de Ara Solis para ver o Fisterra-Cee

Se ben o falecemento do mozo provocaba a suspensión da volta das semifinais da Fase de Ascenso á 2ª Autonómica (o Corcubión vencía ao Camelle e terá que esperar para coñecer ao seu rival), o Fútbol da Costa continuou dun domingo no que a Liga da Costa estaba en xogo.

Ara Solis convertiuse de novo nun “sambódromo” cos Rapacollóns armándoa de medo, e case 2000 persoas gozando vendo como seu equipo se achega ao case inesperado título e ascenso directo. Vencían 3-0 os de Nacho ao Cee, mentres en Verdillo, no partidazo da xornada, o San Lorenzo, que se deixara as opcións de Liga en varios tropezos as pasadas semanas, derrotaba ao Zas deixando a Liga de clara cor verde. Un penalti e a expulsión de Rubén Forján aos 5 minutos deixaron o partido practicamente sentenciado para os carballeses, mentres os zaensen ven escapar o título e aínda terán que pelexar, co propio San Lorenzo, o posto de promoción. Así, se o Fisterra vence a vindeira xornada en Camariñas, será campión da Liga da Costa.

Por abaixo segue a cousa moi complicada. Analizabamos esta semana a problemática cos arrastres, quedando Coristanco, Buño, Porteño e Ameixenda pelexando para non acompañar aos xa sentenciados Cabana, Carnota e Volantes.

Na Preferente, e seguindo en clave de descensos, o Xallas aférrase á categoría con unllas e dentes. Vencía e caía a Sarriana, a que marcaría a día de hoxe a salvación, quedando a 4 puntos con aínda 4 xornadas por diante.

Igual de complicado téñeno Baio e, sobre todo Corme na 1ª, e máis despois da vitoria baiesa no derbi ante o cadro cormelán. Por arriba, heroica e de infarto foi a vitoria do Sofán en Rianxo ante o Unión, que sitúa virtualmente ao cadro carballés na Fase de Ascenso á Preferente. Histórica temporada do cadro sofanista, e do Fútbol da Costa copando o alto da táboa da 1ª.

Na ida das semifinais da Copa da Costa Xuvenil o Fisterra sorprendía a todos endosando a segunda derrota de todo o ano ao Xallas. Un 2-1 que deixa todo aberto para a volta. Ademais, no Hermanas Patiño, o Ponteceso encarrilou o pase a final.

Remate tráxico para as Ligas Cadetes e Infantís

Coa traxedia remataban estas Ligas comarcais, que xa tiñan gañadores dende hai tempo. O Corme xa disfruta do título de campión, por segundo ano consecutivo, dende hai moitas xornadas. Será o Fisterra o que o acompañe na Fase de Ascenso á Liga Galega, onde tamén estará o Dumbría, campión infantil que quere voltar ao seu sitio na categoría autonómica.

Unha Final para saber o campión dos Veteranos

A Liga de Veteranos está impresionante a falta dunha xornada. Trala vitoria do Zas ante o Milagrosa (que viña de líder nas últimas xornadas), o Dumbría está de líder, empatado co At. Milagrosa, polo golaveraxe individual. Pero o cadro dumbriés xa disputou os 28 partidos de Liga, e tócalle descansar na última xornada quedando sen opcións ao título pola presencia dun terceiro invitado á cea final. O Soneira, 3º a só 2 puntos dos líderes, e que recibe ao Milagrosa na última xornada.

Deste xeito, se ben o Dumbría xa non ten opcións, Soneira e Milagrosa xogaranse todo a unha carta na finalísima do Municipal de Vimianzo do vindeiro domingo.

 

Preferente Norte, xornada 34

 

Primeira Autonómica, xornada 32

 

Segunda Autonómica, xornada 32

 

FasedeAscenso á 2ª Autonómica

 

CopadaCosta Xuvenil, volta dos Cuartos

 

Primeira Cadete, xornada 30

Primeira Infantil, xornada 30

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 28

AlevínCosta Norte F8, xornada 8

BenxamínCosta Sur F8, xornada 28

BenxamínCosta Norte F8, xornada 8

Prebenxamín Costa F8, xornada 9

 

Veteranos, 1ª División, xornada 29

Veteranos, 2ª División, xornada 29

 

Novasrelacionadas

Máisinformación

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).