Veteranos: O Fisterra, líder invicto da 2ª

O Dumbría está 2º na 1ª División de Veteranos

Chega xa a 9ª xornada das Ligas de Veteranos e a cousa vaise perfilando. Os equipos van collendo posicións e xa hai notas destacadas.

A pasada fin de semana houbo dous intereasantes choques na parte alta. O líder, o Club do Mar, que quere repetir a fazaña do ano pasado de cantar o alirón con 4 xornadas de marxe, recibía a todo un San Lorenzo en zona nobre, pero que nada puido facer e acabou sucumbindo por un claro 3-0.

Quedan os caioneses con 2 puntos de vantaxe sobre un Dumbría que tamén tiña un choque complicado ante o Coristanco. 2-0 venceron os dumbrieses e manteñen a segunda praza, cun só punto de vantaxe sobre San Román (que descansaba) e Zas (que venceu con comodidade ao Porteño).

Esta semana poderá haber novidades pois o se o Dumbría ten, a priori, un partido fácil ante un Bértoa que aínda non estreou o taboleiro de puntos, o Club do Mar ten que visitar a Rocheira, para medirse a un Coristanco, 6º a 7 puntos, que se pode meter de cheo na loita.

O Fisterra, novo líder da 2ª

O Fisterra está impresionante na 2ª de Veteranos

Na 2ª División está o Fisterra intratable. 8 vitorias en 8 partidos levan os fisterráns, a pesar de sufrir esta fin de semana ante un Poniente en zona baixa. Os números dos verdes, entodo caso, con 22 goles a favor e só 5 en contra, avisan de que o equipo vai polo ascenso. Por detrás, o Nantón de Luís Giancé. E iso que o eterno goleador cabanés nada puido facer esta fin de semana ante un gran San Isidro, que vencía con rotundidade en Razo aos cabaneses e que se achegan a 6 puntos. Outro dos que van estar arriba é o Hosgran, que non tivo piedade do Baio.

Esta semana, o cadro fisterrán visita a Pedra Queimada para enfrontarse a un Malpica en zona morna, mentres que o Nantón recibe a un Poniente en clara melloría.

Nantón de Veteranos

Táboa de Pichichis

Edgar, do líder, é o pichichi destacadísimo da 1ª División, mentres que o eterno Luís Giancé fai o propio na 2ª, xa co 5 goles de vantaxe sobre Dani Calvete (adestrador do Buño da Liga da Costa e xogador dos Vet.) e Rubén Pazos (Fisterra).

Táboa de Pichichis dos Veteranos da Costa

Novas fichaxes

Fichaxe do Corcoesto
Richard ficha polo Corcoesto

Aínda hai movementos nos equipos costeiros e se o Deportivo Carballo reforzouse ben nas últimas semanas, o mítico Richard fichou polo Corcoesto.

 

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Comité de Veteranos da man de Modesto Parga.