Veteranos: O Fisterra, líder invicto da 2ª


Chega xa a 9ª xornada das Ligas de Veteranos e a cousa vaise perfilando. Os equipos van collendo posicións e xa hai notas destacadas.
A pasada fin de semana houbo dous intereasantes choques na parte alta. O líder, o Club do Mar, que quere repetir a fazaña do ano pasado de cantar o alirón con 4 xornadas de marxe, recibía a todo un San Lorenzo en zona nobre, pero que nada puido facer e acabou sucumbindo por un claro 3-0.
Quedan os caioneses con 2 puntos de vantaxe sobre un Dumbría que tamén tiña un choque complicado ante o Coristanco. 2-0 venceron os dumbrieses e manteñen a segunda praza, cun só punto de vantaxe sobre San Román (que descansaba) e Zas (que venceu con comodidade ao Porteño).
Esta semana poderá haber novidades pois o se o Dumbría ten, a priori, un partido fácil ante un Bértoa que aínda non estreou o taboleiro de puntos, o Club do Mar ten que visitar a Rocheira, para medirse a un Coristanco, 6º a 7 puntos, que se pode meter de cheo na loita.
O Fisterra, novo líder da 2ª

Na 2ª División está o Fisterra intratable. 8 vitorias en 8 partidos levan os fisterráns, a pesar de sufrir esta fin de semana ante un Poniente en zona baixa. Os números dos verdes, entodo caso, con 22 goles a favor e só 5 en contra, avisan de que o equipo vai polo ascenso. Por detrás, o Nantón de Luís Giancé. E iso que o eterno goleador cabanés nada puido facer esta fin de semana ante un gran San Isidro, que vencía con rotundidade en Razo aos cabaneses e que se achegan a 6 puntos. Outro dos que van estar arriba é o Hosgran, que non tivo piedade do Baio.
Esta semana, o cadro fisterrán visita a Pedra Queimada para enfrontarse a un Malpica en zona morna, mentres que o Nantón recibe a un Poniente en clara melloría.

Táboa de Pichichis
Edgar, do líder, é o pichichi destacadísimo da 1ª División, mentres que o eterno Luís Giancé fai o propio na 2ª, xa co 5 goles de vantaxe sobre Dani Calvete (adestrador do Buño da Liga da Costa e xogador dos Vet.) e Rubén Pazos (Fisterra).

Novas fichaxes


Aínda hai movementos nos equipos costeiros e se o Deportivo Carballo reforzouse ben nas últimas semanas, o mítico Richard fichou polo Corcoesto.
Novas relacionadas
- Os Veteranos comezan a Liga con novidades:
- Supercopa: Os Veteranos celebraron su Supercopa e xa preparan o comezo das Ligas.
- Final da Copa: O San Román, Rei de Copas.
- X.30: Duelo de pichichis para acabar a Liga e xa dar paso á Copa.
- x.26: O Club do Mar alcanza o título na súa primeira temporada en 1ª División.
- X.25: O Corcoesto certifica o seu ascenso e o Club do Mar acariña o título da 1ª División.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Comité de Veteranos da man de Modesto Parga.