Volven as Carrilanas de Trasouteiro tras supenderse polo mal tempo

Carpinteria Loureiro realizou os premios das Carrilanas de Trasouteiro Xa hai nova data para a baixada das Carrilanas de Trasouteiro despois de que o mal tempo impedise que o pasado 14 de maio se celebrase a sonada competición vimiancesa. Será precisamente este sábado, 4 de xuño, a partir das 16:30horas conmemorando así o 25 aniversario desta proba que se celebrou de forma ininterrompida. Ao fronte da organización está a ssociación cultural Cherinkas que puxo moito empeño en extremar as medidas de seguridade e por elo cubriu boa parte do circuíto con rodas. Outra das novidades será a comunicación interna ao longo de todo o percorrido a través de walkie talkies, facilitando así a comunicación de incidencias e información da situación da carreira para o público. Poden participar todo tipo de carrilanas que non teñan ningún outro medio de propulsión que a súa propia inercia, ou a axuda dos pilotos e que teñan as rodas e o chasis de madeira e o sistema de lubricación das superficies eixe-roda sexa con graxa consistente ou similar. Sistema de competición Pola tarde realizaranse dúas quendas oficiais, unha primeira clasificatoria de saída individual na que se tomarán os tempos, e unha segunda conxunta que servirá para determinar as posicións do podio. Para poder participar os pilotos e copilotos deben ter cumpridos os 18 anos e usar casco integral con suxeición e peto de protección (estilo motocross). O calendario previsto é o seguinte ás 16:30 horas terá lugar a quenda 1 de Clasificación. Posteriormente, ás 17:15 horas, terá lugar a quenda 2 da Carreira. O evento remata ás 18:45 horas coa entrega de premios. Os tres primeiros clasificados das carrilanas homologadas recibirán un trofeo elaborado artesanalmente pola carpintería Loureiro. Tamén se premiará á carrilana con mellor deseño que deberá participar nalgunha das probas oficiais. Máis información: Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Cherinkas