Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Volven as Carrilanas de Trasouteiro tras supenderse polo mal tempo

Volven as Carrilanas de Trasouteiro tras supenderse polo mal tempo
Carpinteria Loureiro realizou os premios das Carrilanas de Trasouteiro Carpinteria Loureiro realizou os premios das Carrilanas de Trasouteiro Xa hai nova data para a baixada das Carrilanas de Trasouteiro despois de que o mal tempo impedise que o pasado 14 de maio se celebrase a sonada competición vimiancesa. Será precisamente este sábado, 4 de xuño, a partir das 16:30horas conmemorando así o 25 aniversario desta proba que se celebrou de forma ininterrompida. Ao fronte da organización está a ssociación cultural Cherinkas que puxo moito empeño en extremar as medidas de seguridade e por elo cubriu boa parte do circuíto con rodas. Outra das novidades será a comunicación interna ao longo de todo o percorrido a través de walkie talkies, facilitando así a comunicación de incidencias e información da situación da carreira para o público. Poden participar todo tipo de carrilanas que non teñan ningún outro medio de propulsión que a súa propia inercia, ou a axuda dos pilotos e que teñan as rodas e o chasis de madeira e o sistema de lubricación das superficies eixe-roda sexa con graxa consistente ou similar. Sistema de competición Pola tarde realizaranse dúas quendas oficiais, unha primeira clasificatoria de saída individual na que se tomarán os tempos, e unha segunda conxunta que servirá para determinar as posicións do podio. Para poder participar os pilotos e copilotos deben ter cumpridos os 18 anos e usar casco integral con suxeición e peto de protección (estilo motocross). O calendario previsto é o seguinte ás 16:30 horas terá lugar a quenda 1 de Clasificación. Posteriormente, ás 17:15 horas, terá lugar a quenda 2 da Carreira. O evento remata ás 18:45 horas coa entrega de premios. Os tres primeiros clasificados das carrilanas homologadas recibirán un trofeo elaborado artesanalmente pola carpintería Loureiro. Tamén se premiará á carrilana con mellor deseño que deberá participar nalgunha das probas oficiais. Máis información: Novas relacionadas Fonte

Comentarios