Xa temos Cadro da Copa da Costa 2015

Xa temos Cadro da Copa da Costa 2015. Este mércores 26 de novembro, Baio acollía unha desas citas que tanto nos gustan, o Sorteo da Copa. Pode que para xuntanzas nas que haia que decidir asuntos importantes das nosas ligas, o quorum sexa pequeno, pero para o sorteo sempre hai cheo.

Con 35 equipos en liza, búscase herdeiro do Dumbría, actual campión copeiro. Haberá previa a un partido, o 8 de decembro, e a primeira rolda se disputará en dous venres festivos, 20 de marzo e 1 de maio.

A final, para o 28 de xuño de 2015.

 

Copa da Costa Xuvenil 2016

 

Palmarés da Copa da Costa

Aproveitamos para traer o palmarés da Copa da Costa. Falta o actual campión, o Dumbría, pois este cadro é sacado do gran álbum de cromos do curso pasado. Vemos que o Cee, con 7 títulos, segue sendo o Rei de Copas.

Máis información

Tendes sempre visible o Cadro da Copa da Costa 2015 en:

Finais de Copa

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).