Xuvenís: Blaugrana, vermello ou verde

Imaxe do Corcubión-Corme-Foto-Fin Lema Quedan 8 xornadas para o remate da Liga Unificada Xuvenil e as cousas seguen igual. O Corme non falla e mantén os 9 puntos de vantaxe sobre unha Esteirana que aínda ten un partido máis que os catro equipos de arriba. Así, San Lorenzo e Fisterra poden aproveitar e superalo e alcanzalo en vindeiras xornadas. Ningún dos 4 fallan, polo que se o título parece que ten cor azulón, o segundo posto que dá acceso á Fase de Ascens á Liga Galega aínda non sabe se será blaugrana, vermella ou verde.  

Corcubión - Corme (3-7)

  • Corcubión: Marcos, Martín, Fran, Oca, Sergio, Lagoa, Xuli, Samu, J. Ángel, Jon e Saulo. Tamén xogaron: Garea e Álex.
  • Corme: Lucas, Pandi, Brais, Ángel, Fran, Eloy Villar, Mauro, Manu Garrido, Manu Tasende, Manu Bermúdez e Samuel.
  • Goles: Jose A., Saulo e Samuel para o Corcubión; Manu Bermúdez (2), Samuel (3), Eloy Villar e Mauro para o Corme.
Os locais non amosaron a seguridade defensiva que viñan tendo nos últimos partidos e pagarono caro ante o líder da competición. Sufriu máis o Corme do que di o marcador, pois os locais adiantáronse no marcador nada máis comezar o partido e despois de remontar o cadro cormelán, os corcubioneses aínda se puxeron 2-3 apretando o marcador antes do descanso. Os visitantes dominaron o balón e o xogo, mentres os locais buscaban cazar algunha á contra. Na segunda metade os locais baixaron o ritmo e sufriron as consecuencias. Nada máis comezar o Corme marcaba dous tantos que sentenciaban o choque.
Manu Tasende, capi dos xuvenís do Corme Cf-Foto-Fin Lema

Esteirana - Ponteceso (2-0)

  • Esteirana: Alex de Yi, Rodrigo (Farinós), Kevin (Chaki), Sergio (David Pais), David de Noia; Alex de Dina, Juan, Xián; Jaime (Dani), Íker (Joaquín) e Carajillo.
  • Ponteceso: Damián; Adri, Roberto, Jorge, Diego, Raúl, Luca, Hugo, Mussi, Loureiro e Iván Rodríguez. Tamén: Pop e Isaac.
  • Goles: 1-0, m.64: Raúl en propia; 2-0, m.75: Jaime.
Xuvenís do Ponteceso Partido moi disputado que chegaba cun Ponteceso ao que se lle dá mellor competir cos de arriba que cos de abaixo, pero mermado pola baixas. Quixo mandar o cadro esteirán que tiña o control do balón mentres o Ponteceso trataba de saír á contra. O xogo estivo moi equilibrado na primeira parte, sen apenas ocasións claras. Chegaba algo máis o cadro local pero xusto antes do descanso no Ponteceso tivo dúas ocasións moi claras de dous córners moi ben sacados. Xa na segunda parte, o partido seguiu na mesma línea. Despois de 20 minutos transcorridos na segunda parte, o cansancio comezou a notarse no bando visitante, mentres que os locais reforzábanse con cambios e pasaban a controlar moito máis o partido en campo contrario. Nunha xogada de Jaime, deu o pase atrás e cando Carajillo ía rematar Raúl meteu en propia meta. Case de inmediato, Loureiro tería unha moi clara nun man a man, na que o balón se foi por moi pouco. E 10 minutos despois o cadro esteirán finiquitaba o choque.  

Coristanco - San Lorenzo (0-5)

  • Coristanco: Borja, Varela, Álvaro, Sebas, Iago, Cristian, Dani, Braian, Cambón, Amado. Tamen: Cancela, Esteban, Black e Ezequiel.
  • San Lorenzo: Darío, Fidalgo, Eloy, Aléx Fernández, Esteban, Pablo Garrido, Jose, Martín, Brais, Álex Rodríguez e Iván. Tamen xogaron: Fidi, Aarón, Cotelo e Benjamín.
  • Goles: 0-1: en propia; 0-2: Iván; 0-3: Jose; 0-4: Aarón; 0-5: Álex Rodríguez.
Partido bastante espeso por parte de ambos, marcado polo calor, aínda que pareza mentira a estas alturas da temporada. Foi un choque bastante máis reñido do que di marcador final. A primeira metade apenas o San Lorenzo mandaba un balón ao longueiro por medio de Jose, pero nada máis se viu sobre o campo da Rocheira. Xa na segunda, coa entrada de Aarón e Fidi subia o San Lorenzo o ritmo e levaba o xogo a campo rival. O Coristanco, que segue con moitas e importantes baixas, seguía defendendo e intentando causar perigo con balóns longos pero a falta de gol e a solvencia do porteiro visitante fixo que o Coristanco non conseguirá empatar. Marcaba o segundo Iván a saída dun córner, e aí os locais se viñan abaixo e comezaron a cometer erros defensivos permitindo que fosen caendo os goles de Jose, Aarón e Álex Rodríguez para pechar co 0-5 final.  

Baio - Xallas (2-1)

  • Baio: Julián, Regueira, Jose, Iago, Manuel María (Ariel); Dylan, Sergio; Santi; Mohedano, Anibal (Martín Romero) e Raúl (Matinciño).
  • Xallas: Fabián, Peke, Pablo, Dani (Héitor), Fabián, Nando, Mourelle, García, Blanco, Kevin e Calo (Pablo).
  • Goles: 0-1, m.15: Kevin; 1-1, m.40: Mohedano; 2-1, m.44: Jose.
Partido igualado no Platas Reinoso, clásico de empate que remataba con vitoria local. Comezou pegando o Baio peo era o Xallas o que tiña máis o dominio do balón e o qu se metía por diante. Custoulle alcanzar o empate ao Baio pero conseguía empatar e darlle a volta ao marcador antes do descanso. Na segunda, o Baio replegaba filas e o Xallas intentouno pero sen demasiado atino, pero a tensión do resultado mantívose ata o final.  

Camariñas - Fisterra (1-5)

  • Camariñas: Sergio; Facundo (Mario, m.46), Gabriel, Anxo, Cibrán (Pablo Suárez, m.60), César, Eric, Fran, Luis, Dylan (Joseba, m.50) e Adrián Bardanca.
  • Fisterra: Jose Carlos, Miguel, Diego, Juanfran, Cristopher, Rui (Benlloch, m.55), Ezequiel, Dani (Ángel, m.50), Iván, Pichino (Xan Xixo, m.60), Aarón (Isaac, m.75).
  • Goles: 0-1: en propia; 0-2: Aarón tras xogada pola dereita de Pichino e Ezequiel; 1-2: Adrián Bardanca de penalti; 1-3: Pichino a pase de Benlloch; 1-4 Benlloch nun rechace na area; 1-5 Ezequiel tras gran xogada de Isaac.
Partido dominado polo Fisterra pero que se puido complicar na segunda metade cando Adrián metía aos seus no choque co 1-2. Tiveron algunha ocasión pero pronto o Fisterra matou o partido a pesar de que o porteiro local, Sergio, foi o mellor xogador do partido con grandes intervencions ante Isaac, Xan Xixo na segunda ou ante Aarón por dúas veces.  

Laxe - Soneira (1-2)

  • Goles: 1-0, m.13: Juan; 1-1, m.27: Edgar; 1-2, m.85: Fran Moreira.
Chegaba o Laxe con moitas gañas ao choque co Soneira, e empezaron dominando, pero eran as imprecisións as que permitían as mellores ocasións. Adiantábase pronto o Laxe nunha falta lateral, gol que facía espertar ao cadro visitante. Pronto aparecía Fran Moreira para mandar un balón ao longueiro e un testarazo que sae lamendo o pau, pero era Edgar o que empataba o choque. Seguía o Soneira mandando algo máis, e chegando con algunha ocasión de Pablo, que mandou ao longueiro, e de Cris Canosa, que marraba o man a man ante un fantástico Manuel Pablo na meta local. Aí o Laxe protestaba unhadecisión arbitral que puido marcar o rumbo do partido, cando Santi Casás se pranta diante do meta visitante pero o colexiado sinala fóra de xogo (despois de caerlle o silbato), cando os laxeiros crían que saíra dende o seu campo. Puido ser o 2-1 pero o partido remataría 1-2, coa aparición de Fran Moreira, que marcaba cunah fermosa xogada individual levando a catro rivais. Aínda tería o empate o Laxe no último minuto o Laxe cunha vaselina de Bieito que se foi rozando o longueiro.  

Sofán - Cabana (1-4)

  • Sofán: Christian; Alberto, Alex Docampo, Juan Bello, Nacho Eirís, Alex Fidalgo, Eloy Cabeza, Diego, Sergio, Nacho Moreno, Simón. Tamén: Aarón, Iván, Sebas, Jose e Sergio.
  • Cabana: Roberto (Marcos), Yago, Rubén (Pipa), Samuel, Dani, Nando (López), Castro, Breo, Simón (Pablo), Manuel e Cristian.
  • Goles: 0-1, m.11: Simón nunha xogada con Manuel e Castro; 0-2, m.47: Christian tras un gran ase de Cristian; 0-3, m.58: Manu de fermosa falta; 1-3, m.70: Simón; 1-4, m.80: Diego.
Xuvenís do Sofán Partido mais disputado do que reflicte o resultado. Foi un bo partido o desputado nas Eiroas, cunha primeira metade na que o Sofán levaba a iniciativa a pesar da súa habitual falta de pegada. Pronto se adiantaría o Cabana, que aguantou así a primeira metade vendo como o Sofán perdía dous homes clave como Nacho Eirís e Diego por lesión . Marcaba o segundo o Cabana nada máis comezar o segundo tempo. O Sofán seguía presionando arriba a saída do balón pero era o Cabana o que marcaba de novo de falta. Metúase no partido o Sofán co gol de Simón e se puña achuchar ao rival. Puido marcar o 2-3 Cuadrado que remataba de cabeza case que ao longueiro. Pero na seguinte xogada, o Cabana facía o cuarto nun erro na saída do balón da defensa carballesa.  

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).