Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Blaugrana, vermello ou verde

Xuvenís: Blaugrana, vermello ou verde
Corcubion-Corme xuvenil Imaxe do Corcubión-Corme-Foto-Fin Lema Quedan 8 xornadas para o remate da Liga Unificada Xuvenil e as cousas seguen igual. O Corme non falla e mantén os 9 puntos de vantaxe sobre unha Esteirana que aínda ten un partido máis que os catro equipos de arriba. Así, San Lorenzo e Fisterra poden aproveitar e superalo e alcanzalo en vindeiras xornadas. Ningún dos 4 fallan, polo que se o título parece que ten cor azulón, o segundo posto que dá acceso á Fase de Ascens á Liga Galega aínda non sabe se será blaugrana, vermella ou verde.  

Corcubión - Corme (3-7)

  • Corcubión: Marcos, Martín, Fran, Oca, Sergio, Lagoa, Xuli, Samu, J. Ángel, Jon e Saulo. Tamén xogaron: Garea e Álex.
  • Corme: Lucas, Pandi, Brais, Ángel, Fran, Eloy Villar, Mauro, Manu Garrido, Manu Tasende, Manu Bermúdez e Samuel.
  • Goles: Jose A., Saulo e Samuel para o Corcubión; Manu Bermúdez (2), Samuel (3), Eloy Villar e Mauro para o Corme.
Os locais non amosaron a seguridade defensiva que viñan tendo nos últimos partidos e pagarono caro ante o líder da competición. Sufriu máis o Corme do que di o marcador, pois os locais adiantáronse no marcador nada máis comezar o partido e despois de remontar o cadro cormelán, os corcubioneses aínda se puxeron 2-3 apretando o marcador antes do descanso. Os visitantes dominaron o balón e o xogo, mentres os locais buscaban cazar algunha á contra. Na segunda metade os locais baixaron o ritmo e sufriron as consecuencias. Nada máis comezar o Corme marcaba dous tantos que sentenciaban o choque. Manu Tasende xuvenil do Corme Cf Manu Tasende, capi dos xuvenís do Corme Cf-Foto-Fin Lema

Esteirana - Ponteceso (2-0)

  • Esteirana: Alex de Yi, Rodrigo (Farinós), Kevin (Chaki), Sergio (David Pais), David de Noia; Alex de Dina, Juan, Xián; Jaime (Dani), Íker (Joaquín) e Carajillo.
  • Ponteceso: Damián; Adri, Roberto, Jorge, Diego, Raúl, Luca, Hugo, Mussi, Loureiro e Iván Rodríguez. Tamén: Pop e Isaac.
  • Goles: 1-0, m.64: Raúl en propia; 2-0, m.75: Jaime.
Xuvenis do Ponteceso Xuvenís do Ponteceso Partido moi disputado que chegaba cun Ponteceso ao que se lle dá mellor competir cos de arriba que cos de abaixo, pero mermado pola baixas. Quixo mandar o cadro esteirán que tiña o control do balón mentres o Ponteceso trataba de saír á contra. O xogo estivo moi equilibrado na primeira parte, sen apenas ocasións claras. Chegaba algo máis o cadro local pero xusto antes do descanso no Ponteceso tivo dúas ocasións moi claras de dous córners moi ben sacados. Xa na segunda parte, o partido seguiu na mesma línea. Despois de 20 minutos transcorridos na segunda parte, o cansancio comezou a notarse no bando visitante, mentres que os locais reforzábanse con cambios e pasaban a controlar moito máis o partido en campo contrario. Nunha xogada de Jaime, deu o pase atrás e cando Carajillo ía rematar Raúl meteu en propia meta. Case de inmediato, Loureiro tería unha moi clara nun man a man, na que o balón se foi por moi pouco. E 10 minutos despois o cadro esteirán finiquitaba o choque.  

Coristanco - San Lorenzo (0-5)

  • Coristanco: Borja, Varela, Álvaro, Sebas, Iago, Cristian, Dani, Braian, Cambón, Amado. Tamen: Cancela, Esteban, Black e Ezequiel.
  • San Lorenzo: Darío, Fidalgo, Eloy, Aléx Fernández, Esteban, Pablo Garrido, Jose, Martín, Brais, Álex Rodríguez e Iván. Tamen xogaron: Fidi, Aarón, Cotelo e Benjamín.
  • Goles: 0-1: en propia; 0-2: Iván; 0-3: Jose; 0-4: Aarón; 0-5: Álex Rodríguez.
Partido bastante espeso por parte de ambos, marcado polo calor, aínda que pareza mentira a estas alturas da temporada. Foi un choque bastante máis reñido do que di marcador final. A primeira metade apenas o San Lorenzo mandaba un balón ao longueiro por medio de Jose, pero nada máis se viu sobre o campo da Rocheira. Xa na segunda, coa entrada de Aarón e Fidi subia o San Lorenzo o ritmo e levaba o xogo a campo rival. O Coristanco, que segue con moitas e importantes baixas, seguía defendendo e intentando causar perigo con balóns longos pero a falta de gol e a solvencia do porteiro visitante fixo que o Coristanco non conseguirá empatar. Marcaba o segundo Iván a saída dun córner, e aí os locais se viñan abaixo e comezaron a cometer erros defensivos permitindo que fosen caendo os goles de Jose, Aarón e Álex Rodríguez para pechar co 0-5 final.  

Baio - Xallas (2-1)

  • Baio: Julián, Regueira, Jose, Iago, Manuel María (Ariel); Dylan, Sergio; Santi; Mohedano, Anibal (Martín Romero) e Raúl (Matinciño).
  • Xallas: Fabián, Peke, Pablo, Dani (Héitor), Fabián, Nando, Mourelle, García, Blanco, Kevin e Calo (Pablo).
  • Goles: 0-1, m.15: Kevin; 1-1, m.40: Mohedano; 2-1, m.44: Jose.
Partido igualado no Platas Reinoso, clásico de empate que remataba con vitoria local. Comezou pegando o Baio peo era o Xallas o que tiña máis o dominio do balón e o qu se metía por diante. Custoulle alcanzar o empate ao Baio pero conseguía empatar e darlle a volta ao marcador antes do descanso. Na segunda, o Baio replegaba filas e o Xallas intentouno pero sen demasiado atino, pero a tensión do resultado mantívose ata o final.  

Camariñas - Fisterra (1-5)

  • Camariñas: Sergio; Facundo (Mario, m.46), Gabriel, Anxo, Cibrán (Pablo Suárez, m.60), César, Eric, Fran, Luis, Dylan (Joseba, m.50) e Adrián Bardanca.
  • Fisterra: Jose Carlos, Miguel, Diego, Juanfran, Cristopher, Rui (Benlloch, m.55), Ezequiel, Dani (Ángel, m.50), Iván, Pichino (Xan Xixo, m.60), Aarón (Isaac, m.75).
  • Goles: 0-1: en propia; 0-2: Aarón tras xogada pola dereita de Pichino e Ezequiel; 1-2: Adrián Bardanca de penalti; 1-3: Pichino a pase de Benlloch; 1-4 Benlloch nun rechace na area; 1-5 Ezequiel tras gran xogada de Isaac.
Partido dominado polo Fisterra pero que se puido complicar na segunda metade cando Adrián metía aos seus no choque co 1-2. Tiveron algunha ocasión pero pronto o Fisterra matou o partido a pesar de que o porteiro local, Sergio, foi o mellor xogador do partido con grandes intervencions ante Isaac, Xan Xixo na segunda ou ante Aarón por dúas veces.  

Laxe - Soneira (1-2)

  • Goles: 1-0, m.13: Juan; 1-1, m.27: Edgar; 1-2, m.85: Fran Moreira.
Chegaba o Laxe con moitas gañas ao choque co Soneira, e empezaron dominando, pero eran as imprecisións as que permitían as mellores ocasións. Adiantábase pronto o Laxe nunha falta lateral, gol que facía espertar ao cadro visitante. Pronto aparecía Fran Moreira para mandar un balón ao longueiro e un testarazo que sae lamendo o pau, pero era Edgar o que empataba o choque. Seguía o Soneira mandando algo máis, e chegando con algunha ocasión de Pablo, que mandou ao longueiro, e de Cris Canosa, que marraba o man a man ante un fantástico Manuel Pablo na meta local. Aí o Laxe protestaba unhadecisión arbitral que puido marcar o rumbo do partido, cando Santi Casás se pranta diante do meta visitante pero o colexiado sinala fóra de xogo (despois de caerlle o silbato), cando os laxeiros crían que saíra dende o seu campo. Puido ser o 2-1 pero o partido remataría 1-2, coa aparición de Fran Moreira, que marcaba cunah fermosa xogada individual levando a catro rivais. Aínda tería o empate o Laxe no último minuto o Laxe cunha vaselina de Bieito que se foi rozando o longueiro.  

Sofán - Cabana (1-4)

  • Sofán: Christian; Alberto, Alex Docampo, Juan Bello, Nacho Eirís, Alex Fidalgo, Eloy Cabeza, Diego, Sergio, Nacho Moreno, Simón. Tamén: Aarón, Iván, Sebas, Jose e Sergio.
  • Cabana: Roberto (Marcos), Yago, Rubén (Pipa), Samuel, Dani, Nando (López), Castro, Breo, Simón (Pablo), Manuel e Cristian.
  • Goles: 0-1, m.11: Simón nunha xogada con Manuel e Castro; 0-2, m.47: Christian tras un gran ase de Cristian; 0-3, m.58: Manu de fermosa falta; 1-3, m.70: Simón; 1-4, m.80: Diego.
Xuvenis do Sofan Xuvenís do Sofán Partido mais disputado do que reflicte o resultado. Foi un bo partido o desputado nas Eiroas, cunha primeira metade na que o Sofán levaba a iniciativa a pesar da súa habitual falta de pegada. Pronto se adiantaría o Cabana, que aguantou así a primeira metade vendo como o Sofán perdía dous homes clave como Nacho Eirís e Diego por lesión . Marcaba o segundo o Cabana nada máis comezar o segundo tempo. O Sofán seguía presionando arriba a saída do balón pero era o Cabana o que marcaba de novo de falta. Metúase no partido o Sofán co gol de Simón e se puña achuchar ao rival. Puido marcar o 2-3 Cuadrado que remataba de cabeza case que ao longueiro. Pero na seguinte xogada, o Cabana facía o cuarto nun erro na saída do balón da defensa carballesa.  

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

Comentarios