Nando e Pablo Conde seran os adestradores do Dumbría Cadete e Xuvenil
Despois complicado curso pasado, a familia do CF Dumbría volve á competición. Faino esta fin de semana na súa volta á Preferente, mentres xa prepara os seus equipos de base. Coordinado por Óscar Leis, o equipo dumbriés afronta este ano con dous equipos en Ligas Galegas.
Unhas Ligas Galegas que comezan o 9 de setembro e rematan o 26 de maio e que xa teñen os seu calendario completo en www.futboldacosta.com, onde faremos un completo seguemento dos seus resultados.
Pola volta, aínda estamos esperando os calendarios das Ligas comarcais de Xuvenís e Infantís (onde xogará o cadro dumbriés que dirixirá Huelvis) que arrincan o 3 de setembro, mentres que nos Infantís non empezará a rodar o balón ata o 7 de outubro.
Os Xuvenís de Pablo Conde
Así, nas Ligas Galegas, os Xuvenís de Pablo Conde comezan o 9 de setembro cun derbi nas Eiroas ante o Bergantiños. O obxectivo será lograr un ano máis a permanencia e formar os xogadores para poder chegar o primeiro equipo. Practicamente a totalidade do persoal renovou o seu compromiso con cadro dumbriés, e Conde contará con 20 xogadores, se ben hai aínda algún xogador pendente de completar un plantel máis amplo para poder afrontar unha liga tan competitiva con garantías.
Xogador
Posición
Isma
Porteiro
Jorge
Porteiro
Josiño
Lat. Der.
Rey
Lat. Esq.
Juan
Lat. Esq
Esteban
Lat. Der.
Eloy
Central
Ayose
Central
Pablo
Central
Gusa
Central
Samu
Central
Mario
Medio
Fabio
Medio
Jony
Medio
Adrián
Medio
Brais
Medio
Borja
Medio
Tajes
Dianteiro
Xabier
Extremo
Martín
Extremo
Os cadetes de Nando
Pola súa parte, os cadetes de Nando (un dos grandes formadores da nosa base volve ao Conco) comezan na casa ante o Xuventude Oroso, e o choque máis esperado, ante o Deportivo B, será na xornada 8 (21/10/2017), cando o Conco recibirá a visita do cadro branquiazul.
O obxectivo en será o de non pasar os apuros da temporada pasada e manter a categoría. A día de hoxe Nando conta con 24 xogadores dos cales 14 xa estaban no club, ademais de 10 altas. Salvo novidade de última hora, o equipo parece pechado e disposto a comezar a campaña.