![Nando e Pablo Conde seran os adestradores do Dumbria Cadete e Xuveni]()
Nando e Pablo Conde seran os adestradores do Dumbría Cadete e Xuvenil
Despois
complicado curso pasado, a familia do CF Dumbría volve á competición. Faino esta fin de semana na súa volta á Preferente, mentres xa prepara os seus equipos de base. Coordinado por Óscar Leis, o equipo dumbriés afronta este ano con dous equipos en Ligas Galegas.
Unhas Ligas Galegas que comezan o 9 de setembro e rematan o 26 de maio e que xa teñen os seu calendario completo en
www.futboldacosta.com, onde faremos un completo seguemento dos seus resultados.
Pola volta, aínda estamos esperando os calendarios das Ligas comarcais de Xuvenís e Infantís (onde xogará o cadro dumbriés que dirixirá Huelvis) que arrincan o 3 de setembro, mentres que nos Infantís non empezará a rodar o balón ata o 7 de outubro.
Os Xuvenís de Pablo Conde
Así, nas Ligas Galegas, os Xuvenís de Pablo Conde comezan o 9 de setembro cun derbi nas Eiroas ante o Bergantiños. O obxectivo será lograr un ano máis a permanencia e formar os xogadores para poder chegar o primeiro equipo. Practicamente a totalidade do persoal renovou o seu compromiso con cadro dumbriés, e Conde contará con 20 xogadores, se ben hai aínda algún xogador pendente de completar un plantel máis amplo para poder afrontar unha liga tan competitiva con garantías.
Xogador |
Posición |
Isma |
Porteiro |
Jorge |
Porteiro |
Josiño |
Lat. Der. |
Rey |
Lat. Esq. |
Juan |
Lat. Esq |
Esteban |
Lat. Der. |
Eloy |
Central |
Ayose |
Central |
Pablo |
Central |
Gusa |
Central |
Samu |
Central |
Mario |
Medio |
Fabio |
Medio |
Jony |
Medio |
Adrián |
Medio |
Brais |
Medio |
Borja |
Medio |
Tajes |
Dianteiro |
Xabier |
Extremo |
Martín |
Extremo |
Os cadetes de Nando
Pola súa parte, os cadetes de Nando (un dos grandes formadores da nosa base volve ao Conco) comezan na casa ante o Xuventude Oroso, e o choque máis esperado, ante o Deportivo B, será na xornada 8 (21/10/2017), cando o Conco recibirá a visita do cadro branquiazul.
O obxectivo en será o de non pasar os apuros da temporada pasada e manter a categoría. A día de hoxe Nando conta con 24 xogadores dos cales 14 xa estaban no club, ademais de 10 altas. Salvo novidade de última hora, o equipo parece pechado e disposto a comezar a campaña.
Xogador |
Posición |
Rubén |
Porteiro |
Mario |
Porteiro |
Breo |
Porteiro |
Tomás |
Defensa |
Samu |
Defensa |
Alex |
Defensa |
Yeray |
Defensa |
Xan |
Defensa |
Carlos |
Defensa |
Martín |
Defensa |
Leo |
Defensa |
Lucas |
Medio |
Yago |
Medio |
Castro |
Medio |
Berto |
Medio |
Anxo |
Medio |
Moi |
Medio |
Lucas |
Medio |
Ángel |
Banda |
Diego |
Banda |
Iago |
Banda |
Chao |
Banda |
Brais |
Banda |
Sendón |
Dianteiro |
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).