Xuvenís: O Cee quere máis e o Xallas segue imbatido pola mínima

O Xallas Xuveni celebrando un tanto a semana pasada-Foto-Basi Solis  Segue o Xallas sumando cada partido desta temporada como vitoria. E iso que tivo que disputar un duro partido no Platas Reinoso, ante un gran Baio, e que se decidiu por un illado gol. A nova da xornada foi a vitoria do Cee en Ponteceso, no duelo de aspirantes a acompañar ao Xallas na Fase de Ascenso. Os de Rafa puideron cos de Fernando e sacan 6 puntos aos seus perseguidores. Pero tamén deixou unha nota negativa a xornada, a nova tangana protagonizada polo xogadores e afeccionados de Miúdos e Camariñas en Muros.  

Liguilla Previa de Ascenso, xornada 3

 

Baio - Xallas (0-1)

  • Baio: Julian, Fran Gabín, Sergio, Michi (Jose Antonio), Brandon, Estefan, Cristian (Ayoub), Javier Muíño (Queiro), Luís, Regueira (Santi Moreira) e Anxo (Maikel).
  • Xallas: Álex (Coke), Raúl, Rachón, Cristian (Parri), Rubén, Alberto, Carlos (Pablo), Juanjo (Thiago), Anxo (Óscar), Sergio e Santi.
  • Gol: 0-1, m.65: Sergio.
Imbatido pola mínima
O xuvenil baiés do Dumbría Carlos fixo o saque de honra

Emocionante foi o comezo do partido. Fixo o saque de honor o xogador cadete do CF Dumbría, Carlos, e ex-xogador dos dous conxuntos en liza. Nacido nas categorías de base do CD Baio Carlos xogou no Xallas de Santa Comba CF as dúas últimas temporadas, para pasar na actual ao conxunto dumbriés que milita na División de Honor. Neste Nadal Carlos tivo unha importante lesión da que esperemos se repoña o antes posible e volva aos campos de fútbol a xogar. Os xuvenís dos seus dous ex-equipos así llo quixeron demostrar.

Xa en canto ao partido disputado no Platas Reinoso foi ante unha entrada numerosa nunha tarde desapacible por momentos, alternándose a chuvia con claros. O Xallas facíase dono do balón dende o principio ante un Baio agazapado pero moi ben colocado. Empezaban fortes os xalleiros facendo valer a súa condición de favorito pero os locais non se arredaban e despois dun comenzo dubidoso foron prantándose mellor no campo e mesmo lle discutían a posesion do balón os visitantes. Costáballe ao Xallas chegar á portería rival, a circulación do balon era demasiado lenta, con pouca produndidade e moitas imprecisións. Estes gozaron dalguha que outra ocasión pero entre o porteiro local e a defensa foron arredando o perigo. Sergio facía gol a centro de Raul que anulaba o árbitro por falta o porteiro. Na segunda metade volviu a carga o Xallas pero xa con menos ímpetu, o que serviu para que os locais intentasen adiantar liñas e sacudirse o dominio destes. Asi empezaron a chegar as inmediacións da portería visitante. Como so pasar ao adiantar liñas, corres riscos, e nunha perda de balón en medio campo un contrataque do Xallas permitiulle adiantarse no marcador. Foi Sergio o que faría o único gol do partido. O Baio baixou algo fisicamente e o Xallas seguiu dominando e facendo ocasións, como outro gol anulado por unhas supostas mans. Non se deixou ir o CD Baio, e intentou a igualada ata o final do partido, facendo lucirse ao cancerbeiro visitante nun tiro lonxano de Estefan. Desta forma tamén chegaron maás contras dos visitantes que puideron sentenciar o partido definitivamente. Xa nos intres finais un fora de xogo mal penalizado polo arbitro provocou as protestas dos locais Este non tivo o que se di unha tarde afortunada xa que anuloulle dous goles o Xallas despois de sinalar o medio campo e concedelos. Pero as protestas dos rapaces nas dúas accións obligárono a dar marcha atrás, se ben tiñan razón no primeiro, no segundo había máis dúbidas.  

Ponteceso - Cee (1-3)

  • Ponteceso: Damián, Adrián (Busto), Ismail, Jorge, Villar, Yago, Alberto (Loureiro), Cacha (Luca), Eloy, Jose Ángel (Minichema).
  • Cee: Paulo, Alex Agulleiro, Senlle, Borja, Chema, Castillo (Álex, m.88), Hugo, Pablo (Samuel, m.57), Xabi Castro, Isma e Lagoa (Saulo, m.57).
  • Goles: 0-1, m.9: Chema; 0-2, m.53: Borja; 1-2, m.65: Luca; 1-3, m.76: Saulo de penalti.
  • Expulsión: o ceense Isma.
Partido moi bronco no que os ceenses estiveron máis intensos e máis acertados cara gol. Polo bando pontecesán non houbo a boa combinación de outros partidos e cada un buscaba a guerra pola súa conta, o que non deixou contento ao míster Fernando. Primeira metade de alta intensidade e moita emoción no que Ponteceso tratou de levar a iniciativa e o Cee intentaba exercer unha presión abafante para roubar o balón en zonas alonxadas da súa portería. Na segunda metade tampouco houbo un dominador claro en canto ó xogo pero no que Cee estivo moi cómodos sen que apenas nos crearan ocasións os locais. Despois da rigorosa expulsión de Isma deron un paso atrás os ceenses e o Ponteceso dominou máis pero sen profundidade.  

Cabana - Montelouro (3-1)

  • Cabana: Darío, Reigía, Pipa, Ferreiro, Martín, Aurelio, Santi (Carlos), Nando (Mateo), Julián, Álex, Pablo (David Muíño).
  • Montelouro: Xaco, Juan (Bertín, m.75), Sergio, Borja, Bouzas, Adrián, Juanma (Aarón, m.65), Fran, Anxo, Joaquín (Javi, m.80) e Junjo (Adri Cc, m.80).
  • Goles: 0-1, m.20: Adrián remata unha falta perfectamente executada polo Monte Louro; 1-1, m.33: Dani Reigía cun golazo dende 40 metros; 2-1, m.55: Sergio Ferreiro a saída dun córner; 3-1, m.80: Dani Reigía con outro golazo sentenciaba o partido.
  Recuperou a senda da vitoria o Cabana tras dúas derrotas ante un Montelouro que saía moi ben pero que se foi desinflando co paso dos minutos. Comezou marcando o cadro visitante tras 20 minutos igualados, pero o Cabana íase metendo no partido e igualaba poudo despois cun golazo de Dani Reigía dende lonxe. Cada vez controlaba máis o Cabana que aproveitaba as malas marcaxes nas xogadas a balón parado, como se adiantaba o cadro local. Intentou reaccionar e puxo vontade o equipo sureño pero non foi de novo Dani Riegía o que, con outro zapatazo, sentenciaba o choque.  

Liguilla Copeira, xornada 3

 

Corcubión - Esteirana (5-1)

  • Corcubión: Santi, David, Andrés, Jose, Porto, Makareno, Samu, Germán, Dani Rama e Maikel. Tamén xogaron: Joselu, Mesejo e Álex.
  • Esteirana: Tiki, Eloy, Rafa, Anxo, Álex de Yi, Rodrigo, Manu de Torea, Pachi, Tobío, Íker e Manu de Yi.
  • Gol: Rama (5) polo Corcubión, e Íker pola Esteirana.
Rama fixo 5 goles co Corcubion Repóker de Rama Presentábase con 11 xustos, que non puido en ningún momento prantar cara a un Corcubión que dominou o choque, sobre todo na segunda parte. Ademais, o protagonista foi Rama, que acertou boa parte das súas chegadas e fixo nada menos que 5 goles. Notaron os de Senra os reforzos procedentes do Muxía de Makareno (que xogaba tamén nos maiores do Muxia) e Andrés, que debutaron como titulares e completando un no partido.  

Coristanco - Fisterra (3-5)

  • Coristanco:
  • Fisterra: Aarón, Ángel (Xose), Papin, Juanfran, Andrés, César, Anchoa, Breixo, Iván, Asier, Gonzalo.
  • Goles: 1-0, m.30: Anido nunha contra; 1-1, m.34: Asier reamta un centro de Gonzalo; 2-1, m.38: Villar; 2-2, m.46: Breixo; 2-3, m.56: Breixo; 2-4, m.80: Breixo; 2-5, m.89: Breixo; 3-5, m.90: Juan.
Breixo por partida cuádruple Todo ía igualado ata que apareceu Breixo nunha seguda metade espectacular na que rompeu o partido con 4 goles. Comezaba o choque moi igualado, cun Fisterra (con baixas) máis dominador pero un Coristanco que facía moito dano á contra. Adiantouse dúas veces o equipo de Chipi, pero na segunda, nun ida e volta con ocasións para os dous bandos, foi Breixo o que marcou a diferencia.  

Os Miúdos - Camariñas (Susp.)

  • Expulsións: Os muradáns Alberto e Airán e o camariñán Juan, todos na tangana.
Mal exemplo Partido suspendido tras unha tangana no m.62 co 1-0 no marcador. Mal exemplo o que dan uns e outros (e os afeccionados) que ademais aseguran que foron os contrarios os que empezaron a liorta. Unha agresión dun xogador a outro, que responde con outra agresión, a afección que en vez de calmar os ánimos, saltan ao campo, e obrigan ao novo colexiado a suspender o partido. E iso que parecía que estaba sendo un partido tranquilo… Un xogador camariñán tivo que ir ao Hospital por unha patada na cabeza.  

Castriz - Zas (3-0)

  • Castriz: Víctor (Alejandro, m.85), Richi, Luís, Rubén, Álex, Javier, Julián, Martín, Sergio (Elías, m.60), Mika, Ismael (Espasandín, m.85)
  • Zas: Hadrián, Boli, Damián, Ternande, Brais, Manu, Adrián, Manu Laxe, Álvaro, Elías e Andy. Tamén xogaron: Pedro, Andrés, Rubén e o cadete Christian.
  • Goles: 1-0, m.13: Miguel; 2-0,m.70: Isma; 3-0, m.71: Isma.
A balón parado Partido con pouco fútbol e poucas oportunidades, moitas faltas e xogadas balón parado, e nese campo os xalleiros estiveron máis acertados. Foi un partido moi complicado entre dous equipos que ata agora non sumaran ningún punto na sosa liguilla copeira. O Zas empezaba sorprendendo con balóns longos desde un principio pero a defensa do Castriz, porteiro incluido, sabía responder. O Castriz si que puido contar, por fin, con todos os seus efectivos. Acertaban á segunda os xalleiros co tanto de Mika. De seguido o Zas quixo meterse no partido e cun tiro dende o borde da área o balón batía no longueiro. Os santos de Castriz estaban do lado dos locais desta volta, permitindo que o marcador fose en vantaxe para eles. Empezaba a segunda metade e o Zas complicaba o xogo no medio campo nuns minutos moi intensos. O Zas subía liñas pero ás costas da defensa creaban perigo nas contras os puntas xalleiros, e nunha desas Ismael aproveitou unha saída do porteiro para sobrepasalo e asi facer o segundo tanto deste encontro. Seguia a mesma película e tras outro pase longo, Ismael en velocidade por segunda vez conseguía o terceiro tanto e ultimo deste gran partido feito por ambos equipos.  

Máis información

Fonte

    • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).