Xuvenís: O Cee quere máis e o Xallas segue imbatido pola mínima


Liguilla Previa de Ascenso, xornada 3
Baio - Xallas (0-1)
- Baio: Julian, Fran Gabín, Sergio, Michi (Jose Antonio), Brandon, Estefan, Cristian (Ayoub), Javier Muíño (Queiro), Luís, Regueira (Santi Moreira) e Anxo (Maikel).
- Xallas: Álex (Coke), Raúl, Rachón, Cristian (Parri), Rubén, Alberto, Carlos (Pablo), Juanjo (Thiago), Anxo (Óscar), Sergio e Santi.
- Gol: 0-1, m.65: Sergio.

Emocionante foi o comezo do partido. Fixo o saque de honor o xogador cadete do CF Dumbría, Carlos, e ex-xogador dos dous conxuntos en liza. Nacido nas categorías de base do CD Baio Carlos xogou no Xallas de Santa Comba CF as dúas últimas temporadas, para pasar na actual ao conxunto dumbriés que milita na División de Honor. Neste Nadal Carlos tivo unha importante lesión da que esperemos se repoña o antes posible e volva aos campos de fútbol a xogar. Os xuvenís dos seus dous ex-equipos así llo quixeron demostrar.
Xa en canto ao partido disputado no Platas Reinoso foi ante unha entrada numerosa nunha tarde desapacible por momentos, alternándose a chuvia con claros. O Xallas facíase dono do balón dende o principio ante un Baio agazapado pero moi ben colocado. Empezaban fortes os xalleiros facendo valer a súa condición de favorito pero os locais non se arredaban e despois dun comenzo dubidoso foron prantándose mellor no campo e mesmo lle discutían a posesion do balón os visitantes. Costáballe ao Xallas chegar á portería rival, a circulación do balon era demasiado lenta, con pouca produndidade e moitas imprecisións. Estes gozaron dalguha que outra ocasión pero entre o porteiro local e a defensa foron arredando o perigo. Sergio facía gol a centro de Raul que anulaba o árbitro por falta o porteiro. Na segunda metade volviu a carga o Xallas pero xa con menos ímpetu, o que serviu para que os locais intentasen adiantar liñas e sacudirse o dominio destes. Asi empezaron a chegar as inmediacións da portería visitante. Como so pasar ao adiantar liñas, corres riscos, e nunha perda de balón en medio campo un contrataque do Xallas permitiulle adiantarse no marcador. Foi Sergio o que faría o único gol do partido. O Baio baixou algo fisicamente e o Xallas seguiu dominando e facendo ocasións, como outro gol anulado por unhas supostas mans. Non se deixou ir o CD Baio, e intentou a igualada ata o final do partido, facendo lucirse ao cancerbeiro visitante nun tiro lonxano de Estefan. Desta forma tamén chegaron maás contras dos visitantes que puideron sentenciar o partido definitivamente. Xa nos intres finais un fora de xogo mal penalizado polo arbitro provocou as protestas dos locais Este non tivo o que se di unha tarde afortunada xa que anuloulle dous goles o Xallas despois de sinalar o medio campo e concedelos. Pero as protestas dos rapaces nas dúas accións obligárono a dar marcha atrás, se ben tiñan razón no primeiro, no segundo había máis dúbidas.
Ponteceso - Cee (1-3)
- Ponteceso: Damián, Adrián (Busto), Ismail, Jorge, Villar, Yago, Alberto (Loureiro), Cacha (Luca), Eloy, Jose Ángel (Minichema).
- Cee: Paulo, Alex Agulleiro, Senlle, Borja, Chema, Castillo (Álex, m.88), Hugo, Pablo (Samuel, m.57), Xabi Castro, Isma e Lagoa (Saulo, m.57).
- Goles: 0-1, m.9: Chema; 0-2, m.53: Borja; 1-2, m.65: Luca; 1-3, m.76: Saulo de penalti.
- Expulsión: o ceense Isma.
Cabana - Montelouro (3-1)
- Cabana: Darío, Reigía, Pipa, Ferreiro, Martín, Aurelio, Santi (Carlos), Nando (Mateo), Julián, Álex, Pablo (David Muíño).
- Montelouro: Xaco, Juan (Bertín, m.75), Sergio, Borja, Bouzas, Adrián, Juanma (Aarón, m.65), Fran, Anxo, Joaquín (Javi, m.80) e Junjo (Adri Cc, m.80).
- Goles: 0-1, m.20: Adrián remata unha falta perfectamente executada polo Monte Louro; 1-1, m.33: Dani Reigía cun golazo dende 40 metros; 2-1, m.55: Sergio Ferreiro a saída dun córner; 3-1, m.80: Dani Reigía con outro golazo sentenciaba o partido.
Liguilla Copeira, xornada 3
Corcubión - Esteirana (5-1)
- Corcubión: Santi, David, Andrés, Jose, Porto, Makareno, Samu, Germán, Dani Rama e Maikel. Tamén xogaron: Joselu, Mesejo e Álex.
- Esteirana: Tiki, Eloy, Rafa, Anxo, Álex de Yi, Rodrigo, Manu de Torea, Pachi, Tobío, Íker e Manu de Yi.
- Gol: Rama (5) polo Corcubión, e Íker pola Esteirana.

Coristanco - Fisterra (3-5)
- Coristanco:
- Fisterra: Aarón, Ángel (Xose), Papin, Juanfran, Andrés, César, Anchoa, Breixo, Iván, Asier, Gonzalo.
- Goles: 1-0, m.30: Anido nunha contra; 1-1, m.34: Asier reamta un centro de Gonzalo; 2-1, m.38: Villar; 2-2, m.46: Breixo; 2-3, m.56: Breixo; 2-4, m.80: Breixo; 2-5, m.89: Breixo; 3-5, m.90: Juan.
Os Miúdos - Camariñas (Susp.)
- Expulsións: Os muradáns Alberto e Airán e o camariñán Juan, todos na tangana.
Castriz - Zas (3-0)
- Castriz: Víctor (Alejandro, m.85), Richi, Luís, Rubén, Álex, Javier, Julián, Martín, Sergio (Elías, m.60), Mika, Ismael (Espasandín, m.85)
- Zas: Hadrián, Boli, Damián, Ternande, Brais, Manu, Adrián, Manu Laxe, Álvaro, Elías e Andy. Tamén xogaron: Pedro, Andrés, Rubén e o cadete Christian.
- Goles: 1-0, m.13: Miguel; 2-0,m.70: Isma; 3-0, m.71: Isma.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).