O Coristanco vai moi en serio este ano en xuvenís, e conseguíu frear a un San Lorenzo que se mantén de líder
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
O Cee mantense invicto, a pesar do moito que sufríu en Arliña para manter a senda da vitoria. O Xallas non descansa por detrás a pesar da inesperada derrota da semana pasada. Por detrás, a loita parece ser quen vai ocupar o terceiro posto do podio para meterse na liga dos mellores. Agora tócalle ao Fisterra, que venceu á Esteirana e aproveitou a dolorosa derrota do Outes en Castriz para auparse á 3ª praza. Ollo que o Muxía, e a propia Esteirana pelexarán por ese posto.
A nova máis destacada estivo no Norte, onde o Coristanco confirmou todo o que viña ameazando, e superou a un Pedreiras invicto ata a data. Os de Verdillo manteñen o liderado pero quedan cun só punto de vantaxe sobre o Coristanco, o único, xunto ao Cee, que queda sen perder partido. Por detrás, Corme e Ponteceso pelexan pola 3ª praza mentres o Cabana vaise entonando.
Tras unha primeira metade igualada, de ida e volta e de alernativas no marcador, 5 minutos de acerto muradán e desconcerto local nada máis volver dos vestiarios, permitían aos de Fernando Silva marcar 3 goles e deixar o partido practicamente sentenciado .
Xallas - Outes (9-1)
Campo: San Pedro de Castriz.
Xallas: Coke, Guillín (Héitor), Pablo (Brais), Peke, Alberto, Raúl (Thiago), Fran (Mosti), Juanjo (Manu), Rachón, Grille e Carlos.
Goles: Grille, Rachón (2), Peke, Manu (2), Alberto,Carlos e Thiago para o Xallas. Adán de penalti para o Outes
Primeira parte igualada a pesar de acabar 4-0, pero a calidade do Xallas íase impoñendo co paso dos minutos, ante un Outes que a peasr das baixas (Hortas, Alex, Fran, Jairo…) soubo competir, O cadro de Manu Roque estaban moi ordenado buscaba en largo os puntas que creaban perigo ainda que non estaban acertados. E do revés na meta contraria, pois estiveron os verdes que materializaban cantas tiñan. Grille, Rachon por duas veces e Peke facian os da primeira.
Muxía - Cee (2-3)
Cee: Carlos, Borja, Rubén Senlle, Hugo, Chema, Rubçen Castillo, Álex Agulleiro, Isma, Jon, Samu e Pablo. Tamén: Saulo, Brais, Xabi, Xavi e José Carlos.
Goles: 1-0, m.5: Josiño; 1-1, m.10: Isma; 1-2, m.30: Samu; 1-3, m.55: Alex Agulleiro de centro-chut; 2-3, m.80: Mario.
Expulsión: o muxián Tomás no m.55 e o seu adestrador Luís Romaní (m.23); e un xogador ceense Jon (m.62).
Muxía e Cee en Arliña-Foto-Muxía
Sufríu o Cee para manter a imbatiibilidade en Arliña unha semana despois de dar a campanada e vencer ao poderoso Xallas. Foi un fermoso partido o vivido no campo muxián, marcado por unha actuación arbitral que nun gustou nada no bando local, sobre todo pola actitude.
Empezou amosando o Muxía que ía en serio e moi pronto metíase por diante cun gol de Josiño. 5 min despois o cee dispoñia dun penalti que detiña Hugo pero no corner posterior empataban por medio de Ismail. Mediada a primeira parte chegou a xogada polémica do partido cando nunha saída de balón do equipo muxián un xogador do Cee cortaba o balón coa man, pero o colexiado non a viu e nesa mesma contra o cadro ceense se adiantaba.
Quedaba tocado o cadro muxián, pero nunca afundido, e iso que nada máis comezar a segunda metade un centro de Álex Agulleiro envelenábase e colábase na meta de Hugo. Tivo arrestos para reaccionar o equipo de Romaní, que recurtaba a 10 para o final, e a pesar de volcarse sobre a área ceense, e ter un par de ocasiós como unha falta de Josiño ou un corner que se paseou pola liña de gol, non puido empatar ante o líder.
Fisterra - Esteirana (5-0)
Campo: Ara Solis
Fisterra: Aarón, JF, Cristopher, César, Manu (Sergio), Gabi, Pichino, Dani, Asier, Alex (Aarón) e Andrés.
Esteirana: Alex de Yi; Anxo, David do Sixto, Chaki, David de Noia; Rubén, Xian, Álex de Dina, Carajillo, Brais e Íker.
Goles: Pichino (2), Alex, Aarón e Cristopher.
Aguantou a Esteirana a primeira metade a pesar de que o Fisterra se colocaba pronto con vantaxe. A segunda metade si que foi un repaso en toda regla do Fisterra, no que só unha gran actuación de Alex de Yi evitou unha goleada máis escandalosa.
Sofán: Christian, Adrián Barreiro, Alberto, Alex Fidalgo, Nacho Eirís, Dani Padín, Eloy Cabeza, Dani Bolón, Sergio, David Dourado e Gabri Mariño. Tamén: Iván, Diego, Pombo, Alex Villar e Nacho Moreno.
Corme: Lucas, Pandi, Anxo, Cristian Garrido, Fran, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Bruno, Manu Tasende e Manu Bermúdez. Tamén: Roque, Diego, Noel, Angel, e Martín.
Goles: 0-1, m.21: Manu Garrido; 1-1, m.35: Dani Padín; 1-2, m.37: Manu Garrido; 1-3, m.57: Manu Bermúdez; 2-3, m.86: David Dourado.
Bo partido do Corme no Carral que acabou sufrindo ante un empurre dos locais. Comezou mellor o cadro de Lelo, dominando e poñéndose por diante. Pero o Sofán conseguía chegar con perigo, sobre todo a balón parado, e así empataba. Non tardou Manu Garrido en marcar o seu segundo e volver a poñer en vantaxe aos cormeláns.
Na segunda, ampliaba a renda o cadro cormelán, e os de Javier Cabeza tardaban en reaccionar. Pero o facían, cuns 20 últimos minutos nos que pecharon ao Corme na súa área. Chegou o 2-3 pero quedaba pouco e nin Padín, nin Alberto nin Sergio García conseguían o empate.
Coristanco - As Pedreiras (3-2)
San Lorenzo: Benjamín, Kuki, Andrade, Alex, Fidi, Eloy, Iván (Alberto), Jose (Rubén), Aarón (Angel), Brais (Esmorís) e Cotelo (David).
Goles: 0-1, m.20: Eloy de xogada a balón parado; 0-2, m.22: Aarón dende 40 metros pola escuadra; 1-2, m.40: Castro de penalti; 2-2, m.71: Anido; 2-3, m.93: Alex.
O partido da xornada xogouse na Rocheira. As dúas revelacións da temporada chegaban a este choque no máis alto da táboa, e demostraron o seu potencial, sobre todo a nivel defensivo. Os dous equipos intentaban facer o seu fútbol, con balóns directos, pero as sensacións dos primeiros minutos eran mellores para os locais. Chegaba o Coristanco con perigo pero era o San Lorenzo o que se metía con vantaxe en dúas xogadas case consecutvas. O 0-2 sin merecer moito parecía que ía a ser boa tarde para os de Rudi. Pero no. Un penalti permitía aos de Eloy recurtar antes do descanso.
Na segunda, o cadro local modificaba sistema buscando moito chegar con máis xente arriba intentando así que o segundo asalto fose de cor verde. Pero batían co muro de pedra da defensa das Pedreiras, a terceira menos goleada de toda a categoría. Ata que Anido rompía a tela de araña e conseguía o empate. Un gol que non deixaba satisfeito aos locais e tampouco facía reaccionar ao líder. O Coristanco seguiu insistindo, e o San Lorenzo tamén tiña as súas chegadas mesmo mandando 3 balóns á madeira, despois de que a entrada de Rubén lles permitise ter algo máis o balón. Pero xa co tempo regulamentario cumplido, Alex fixo unha de “Juan Palomo”, e guisouse un fermoso tanto regateando a todo o que lle saía ao paso e marcando un golazo, provocando unha tremenda alegría de toda a afección.
Este Coristanco vai moi en serio.
Cabana - Camariñas (4-0)
Campo: As Redondas.
Cabana: Darío, Nando, Rubén, David (López), Steven, Julián, (Kevin), Yago (Martín), Breo (Álex Lema), Ferreiro, Alberto (Roberto) e Jose Ángel.
Camariñas: Manuel, Dani, Espasandín, Alex, Pablo Suárez, Joseba, Álvaro, Brais Alonso, Brandon, Josiño e Carril. Tamén: Dani López, Juan e Eloy.
Goles: 1-0, m.10: José Ángel; 2-0, m.51: José Ángel; 3-0, m.66: Álex Lema; 4-0, m.87: José Ángel.
Resultado enganoso nas Redondas que volve demostrar que o Camariñas non está tendo sorte este curso. O Cabana, máis pendente do colexiado que do partido, tardou en entrar, pero cando o fixo José Ángel demostraba a súa pegada. A primeira parte seguía moi igualada, cun Camariñas que non se descompuña, con intensidade e tendo ocasións para empatar como dous mans a mans que solventou maxistralmente Darío.
Na segunda pouco cambiaron as tornas, se ben o Cabana estaba máis enchufado e traballador, aproveitando ademais os erros da defensa camariñá, que permitían un resultado demasiado abultado para o visto no campo.
Zas - Baio (5-0)
Empatan na táboa Zas e Baio tras este derbi que liquidou o equipo zaense cunha inesperada goleada, cimentada nun excelente traballo de conención e unhas saídas á contra mortais, deixando visto para sentenza o compromiso xa na primeira metade, ao término da cal os sportinguistas gañaban por un claro 3-0.
Na segunda metade mantívose a tónica, cun querer e non poder dos baienses e un traballo de compromiso por parte dos locais, que fixeron dous goles máis nos últimos minutos ante un Baio que non soubo reaccionar nin contrarrestar a boa formulación táctico do seu máximo rival.
Ponteceso - Laxe (6-3)
11 do Ponteceso ante o Laxe-Foto-Ponteceso
Campo: O Pinguel.
Ponteceso: Víctor, Luca, Iván Cousillas, Aarón, Brais, Ismail, Jose, David, Lucas, Aday e Pop. Tamén: Samuel, Damián, Iván Rodriguez, Loureiro e Eloy.
Goles: 1-0: Luca; 2-0: Pop; 3-0: Aday (descanso); 3-1: Solís tras un rexeite na área; 3-2: Íñigo tras xogada de Bieito por banda esquerda; 4-2: Aarón; 5-2: Samuel; 6-2: Loureiro; 6-3:
Esperaba atrás o Laxe (cun xogador cadete de porteiro por mor das baixas) ante un Ponteceso que segue propoñendo a combinación. O cadro de Gurita movía ben a bola, e pronto comezaron a aproveitar a debilidade, falta de intensidade e agresividade dos locais.
A arenga de Toni fixo que os laxenses subisen liñas no comezo da segunda metade, e en 10 minutos se metían no partido con dous tantos. Pero reaccionaron volveron mandar e sentenciaron a balón parado os pontecesáns.
As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.