Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Xuvenís: O Coristanco tamén quere gloria

Xuvenís: O Coristanco tamén quere gloria
Xuvenil do Coristanco O Coristanco vai moi en serio este ano en xuvenís, e conseguíu frear a un San Lorenzo que se mantén de líder A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook O Cee mantense invicto, a pesar do moito que sufríu en Arliña para manter a senda da vitoria. O Xallas non descansa por detrás a pesar da inesperada derrota da semana pasada. Por detrás, a loita parece ser quen vai ocupar o terceiro posto do podio para meterse na liga dos mellores. Agora tócalle ao Fisterra, que venceu á Esteirana e aproveitou a dolorosa derrota do Outes en Castriz para auparse á 3ª praza. Ollo que o Muxía, e a propia Esteirana pelexarán por ese posto. A nova máis destacada estivo no Norte, onde o Coristanco confirmou todo o que viña ameazando, e superou a un Pedreiras invicto ata a data. Os de Verdillo manteñen o liderado pero quedan cun só punto de vantaxe sobre o Coristanco, o único, xunto ao Cee, que queda sen perder partido. Por detrás, Corme e Ponteceso pelexan pola 3ª praza mentres o Cabana vaise entonando.  

1ª Xuvenil, Grupo Sur, xornada 9

  Corcubión - Os Miúdos (3-7)
  • Campo: Novo Cubaleiro.
  • Corcubión: Abel, Diego, J. Angel, Juan, Luis, Samuel, Antonio, Kevin B, Kevin D, David e Roberto. Tamen xogaron Mesejo, Rafa e Danilo.
  • Os Miúdos: Gabriel, Xián, Miguel, Isma, Anxo, Jose, Xavi, Sergio, Javi, Gesto e Gael. Tamén: Rubén, Tajes, Raúl, Flavio e Ángel.
  • Goles: 1-0, m.12: Luís Lojo; 1-1, m.13: Javi; 2-1, m.24: Luís Lojo; 2-2, m.41: Xavi; 2-3, m.46: Gesto; 2-4, m.49: Flavio; 2-5, m.50: Gale; 3-5, m.66: Luís Lojo; 3-6, m.85: Rubén Lago; 3-7, m.90: Tajes.
Tras unha primeira metade igualada, de ida e volta e de alernativas no marcador, 5 minutos de acerto muradán e desconcerto local nada máis volver dos vestiarios, permitían aos de Fernando Silva marcar 3 goles e deixar o partido practicamente sentenciado .   Xallas - Outes (9-1)
  • Campo: San Pedro de Castriz.
  • Xallas: Coke, Guillín (Héitor), Pablo (Brais), Peke, Alberto, Raúl (Thiago), Fran (Mosti), Juanjo (Manu), Rachón, Grille e Carlos.
  • Outes: Siro, Gorgal, Simón, Joel, Cartucho, Saúl, Adán (Brais), Fabio, Serxio, Adrián, Alberto (Serxio).
  • Goles: Grille, Rachón (2), Peke, Manu (2), Alberto,Carlos e Thiago para o Xallas. Adán de penalti para o Outes
Primeira parte igualada a pesar de acabar 4-0, pero a calidade do Xallas íase impoñendo co paso dos minutos, ante un Outes que a peasr das baixas (Hortas, Alex, Fran, Jairo…) soubo competir, O cadro de Manu Roque estaban moi ordenado buscaba en largo os puntas que creaban perigo ainda que non estaban acertados. E do revés na meta contraria, pois estiveron os verdes que materializaban cantas tiñan. Grille, Rachon por duas veces e Peke facian os da primeira.   Muxía - Cee (2-3)
  • Campo: Arliña.
  • Muxía: Hugo, Fran, Juan, Gusa, Vilela (Xan, m.60), Cristian, Tomás, Mario, Rodri, Toja e Josiño.
  • Cee: Carlos, Borja, Rubén Senlle, Hugo, Chema, Rubçen Castillo, Álex Agulleiro, Isma, Jon, Samu e Pablo. Tamén: Saulo, Brais, Xabi, Xavi e José Carlos.
  • Goles: 1-0, m.5: Josiño; 1-1, m.10: Isma; 1-2, m.30: Samu; 1-3, m.55: Alex Agulleiro de centro-chut; 2-3, m.80: Mario.
  • Expulsión: o muxián Tomás no m.55 e o seu adestrador Luís Romaní (m.23); e un xogador ceense Jon (m.62).
Muxia e Cee en Arlina Muxía e Cee en Arliña-Foto-Muxía Sufríu o Cee para manter a imbatiibilidade en Arliña unha semana despois de dar a campanada e vencer ao poderoso Xallas. Foi un fermoso partido o vivido no campo muxián, marcado por unha actuación arbitral que nun gustou nada no bando local, sobre todo pola actitude. Empezou amosando o Muxía que ía en serio e moi pronto metíase por diante cun gol de Josiño. 5 min despois o cee dispoñia dun penalti que detiña Hugo pero no corner posterior empataban por medio de Ismail. Mediada a primeira parte chegou a xogada polémica do partido cando nunha saída de balón do equipo muxián un xogador do Cee cortaba o balón coa man, pero o colexiado non a viu e nesa mesma contra o cadro ceense se adiantaba. Quedaba tocado o cadro muxián, pero nunca afundido, e iso que nada máis comezar a segunda metade un centro de Álex Agulleiro envelenábase e colábase na meta de Hugo. Tivo arrestos para reaccionar o equipo de Romaní, que recurtaba a 10 para o final, e a pesar de volcarse sobre a área ceense, e ter un par de ocasiós como unha falta de Josiño ou un corner que se paseou pola liña de gol, non puido empatar ante o líder.   Fisterra - Esteirana (5-0)
  • Campo: Ara Solis
  • Fisterra: Aarón, JF, Cristopher, César, Manu (Sergio), Gabi, Pichino, Dani, Asier, Alex (Aarón) e Andrés.
  • Esteirana: Alex de Yi; Anxo, David do Sixto, Chaki, David de Noia; Rubén, Xian, Álex de Dina, Carajillo, Brais e Íker.
  • Goles: Pichino (2), Alex, Aarón e Cristopher.
Aguantou a Esteirana a primeira metade a pesar de que o Fisterra se colocaba pronto con vantaxe. A segunda metade si que foi un repaso en toda regla do Fisterra, no que só unha gran actuación de Alex de Yi evitou unha goleada máis escandalosa.  

1ª Xuvenil, Grupo Norte, xornada 8

    Sofán - Corme (2-3)
  • Campo: Carral.
  • Sofán: Christian, Adrián Barreiro, Alberto, Alex Fidalgo, Nacho Eirís, Dani Padín, Eloy Cabeza, Dani Bolón, Sergio, David Dourado e Gabri Mariño. Tamén: Iván, Diego, Pombo, Alex Villar e Nacho Moreno.
  • Corme: Lucas, Pandi, Anxo, Cristian Garrido, Fran, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Bruno, Manu Tasende e Manu Bermúdez. Tamén: Roque, Diego, Noel, Angel, e Martín.
  • Goles: 0-1, m.21: Manu Garrido; 1-1, m.35: Dani Padín; 1-2, m.37: Manu Garrido; 1-3, m.57: Manu Bermúdez; 2-3, m.86: David Dourado.
Bo partido do Corme no Carral que acabou sufrindo ante un empurre dos locais. Comezou mellor o cadro de Lelo, dominando e poñéndose por diante. Pero o Sofán conseguía chegar con perigo, sobre todo a balón parado, e así empataba. Non tardou Manu Garrido en marcar o seu segundo e volver a poñer en vantaxe aos cormeláns. Na segunda, ampliaba a renda o cadro cormelán, e os de Javier Cabeza tardaban en reaccionar. Pero o facían, cuns 20 últimos minutos nos que pecharon ao Corme na súa área. Chegou o 2-3 pero quedaba pouco e nin Padín, nin Alberto nin Sergio García conseguían o empate.   Coristanco - As Pedreiras (3-2)
  • Campo: A Rocheira.
  • Coristanco: Eloy, Cristian, Jorge (Álvaro), Espasandín, Sergio, Jose, Dani (RR, m.85), Alex, Braian (Carlos, m.46) (David, m.75.), Castro e Anido.
  • San Lorenzo: Benjamín, Kuki, Andrade, Alex, Fidi, Eloy, Iván (Alberto), Jose (Rubén), Aarón (Angel), Brais (Esmorís) e Cotelo (David).
  • Goles: 0-1, m.20: Eloy de xogada a balón parado; 0-2, m.22: Aarón dende 40 metros pola escuadra; 1-2, m.40: Castro de penalti; 2-2, m.71: Anido; 2-3, m.93: Alex.
O partido da xornada xogouse na Rocheira. As dúas revelacións da temporada chegaban a este choque no máis alto da táboa, e demostraron o seu potencial, sobre todo a nivel defensivo. Os dous equipos intentaban facer o seu fútbol, con balóns directos, pero as sensacións dos primeiros minutos eran mellores para os locais. Chegaba o Coristanco con perigo pero era o San Lorenzo o que se metía con vantaxe en dúas xogadas case consecutvas. O 0-2 sin merecer moito parecía que ía a ser boa tarde para os de Rudi. Pero no. Un penalti permitía aos de Eloy recurtar antes do descanso. Na segunda, o cadro local modificaba sistema buscando moito chegar con máis xente arriba intentando así que o segundo asalto fose de cor verde. Pero batían co muro de pedra da defensa das Pedreiras, a terceira menos goleada de toda a categoría. Ata que Anido rompía a tela de araña e conseguía o empate. Un gol que non deixaba satisfeito aos locais e tampouco facía reaccionar ao líder. O Coristanco seguiu insistindo, e o San Lorenzo tamén tiña as súas chegadas mesmo mandando 3 balóns á madeira, despois de que a entrada de Rubén lles permitise ter algo máis o balón. Pero xa co tempo regulamentario cumplido, Alex fixo unha de “Juan Palomo”, e guisouse un fermoso tanto regateando a todo o que lle saía ao paso e marcando un golazo, provocando unha tremenda alegría de toda a afección. Este Coristanco vai moi en serio.   Cabana - Camariñas (4-0)
  • Campo: As Redondas.
  • Cabana: Darío, Nando, Rubén, David (López), Steven, Julián, (Kevin), Yago (Martín), Breo (Álex Lema), Ferreiro, Alberto (Roberto) e Jose Ángel.
  • Camariñas: Manuel, Dani, Espasandín, Alex, Pablo Suárez, Joseba, Álvaro, Brais Alonso, Brandon, Josiño e Carril. Tamén: Dani López, Juan e Eloy.
  • Goles: 1-0, m.10: José Ángel; 2-0, m.51: José Ángel; 3-0, m.66: Álex Lema; 4-0, m.87: José Ángel.
Resultado enganoso nas Redondas que volve demostrar que o Camariñas non está tendo sorte este curso. O Cabana, máis pendente do colexiado que do partido, tardou en entrar, pero cando o fixo José Ángel demostraba a súa pegada. A primeira parte seguía moi igualada, cun Camariñas que non se descompuña, con intensidade e tendo ocasións para empatar como dous mans a mans que solventou maxistralmente Darío. Na segunda pouco cambiaron as tornas, se ben o Cabana estaba máis enchufado e traballador, aproveitando ademais os erros da defensa camariñá, que permitían un resultado demasiado abultado para o visto no campo.   Zas - Baio (5-0)
  • Campo: San Andrés.
  • Zas: Hadrián, Rubén, Dario, Brais, Lodi, Alvaro/Cristian (Adrián), Adri, Kevin, Madelin (Dani Mato), Andrés (Dani Mourelle).
  • Baio: Cedrón, Iago, Manu Leal, Gavín, Muíño, Sergio, Souto, Mohedano, Estefan, Regueira e Luís Eiroa. Tamén: Julián, Miguel, Damián, Ayoub e Santi Moreira.
  • Goles: 1-0: Brais; 2-0: Adri; 3-0: Andrés (descanso); 4-0: Andrés; 5-0: Álvaro.
Empatan na táboa Zas e Baio tras este derbi que liquidou o equipo zaense cunha inesperada goleada, cimentada nun excelente traballo de conención e unhas saídas á contra mortais, deixando visto para sentenza o compromiso xa na primeira metade, ao término da cal os sportinguistas gañaban por un claro 3-0. Na segunda metade mantívose a tónica, cun querer e non poder dos baienses e un traballo de compromiso por parte dos locais, que fixeron dous goles máis nos últimos minutos ante un Baio que non soubo reaccionar nin contrarrestar a boa formulación táctico do seu máximo rival.   Ponteceso - Laxe (6-3) 11 do Pontecesojuvenil ante o Laxe-Foto-Ponteceso 11 do Ponteceso ante o Laxe-Foto-Ponteceso
  • Campo: O Pinguel.
  • Ponteceso: Víctor, Luca, Iván Cousillas, Aarón, Brais, Ismail, Jose, David, Lucas, Aday e Pop. Tamén: Samuel, Damián, Iván Rodriguez, Loureiro e Eloy.
  • Laxe: Iván, Íñigo, Bruno, Lolo, Samu, Niko, Dani (Miguel), Bieito, Valentín (Álvaro), Solís (Borja) e Enrique (Anxo).
  • Goles: 1-0: Luca; 2-0: Pop; 3-0: Aday (descanso); 3-1: Solís tras un rexeite na área; 3-2: Íñigo tras xogada de Bieito por banda esquerda; 4-2: Aarón; 5-2: Samuel; 6-2: Loureiro; 6-3:
Esperaba atrás o Laxe (cun xogador cadete de porteiro por mor das baixas) ante un Ponteceso que segue propoñendo a combinación. O cadro de Gurita movía ben a bola, e pronto comezaron a aproveitar a debilidade, falta de intensidade e agresividade dos locais. A arenga de Toni fixo que os laxenses subisen liñas no comezo da segunda metade, e en 10 minutos se metían no partido con dous tantos. Pero reaccionaron volveron mandar e sentenciaron a balón parado os pontecesáns.  

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Comentarios