O Soneira sumou a súa segunda goleada ante o Coristanco e é líder
Soneira, Fisterra e Corme, os únicos equipos que quedan sumando partidos por vitorias nesta liga que ten moi boa pinta. O Soneira tivo dúas sinxelas goleadas ante dous dos equipos que non coñecen a vitoria, mentres que Fisterra e Corme volveron demostrar que este ano tamén estarán loitando por todo. Se cadra a sorpresa da xornada foi a vitoria do Outes en Verdillo.
Baio - Fisterra (0-1)
Baio: Íñigo, Miguel, Ariel, Yago, Adrián (Manuel); David, Carlos, Pose (Martín), Samuel (Tinciño); Torrado (Cedrón) e Pablo.
Fisterra: Breo, Puyol (Ángel Suárez, m.85), Ángel Golpes, Rui, Diego (Quintela, m.60), Yago, Aarón (Zeus, m.85), Miguel, Benlloch (Oliver, m.80), Xan Xixo (Manu, m.55) e Isaac.
Goles: 0-1, m.75 Isaac controla co peito un bo pase de Miguel dentro da área e fusila ao porteiro.
Partido igualado, con poucas ocasións, sobre todo na primeira metade, cun Baio que prantou cara a todo un Fisterra. Na segunda abriuse algo o choque, co Fisterra chegando algo máis, e facendo que o meta baiés se convertise no protagonista do partido. Yago avisaba e Isaac facía un bonito gol a 15 do final. Na recta final apretou o cadro baiés e mesmo puido empatar cun balón ao longueiro que foi case un gol pantasma.
Corme - Sofan (0-5)
Corme: Lucas, Alexandre, Ángel, Aitor, Eloy, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Manu Tasende, Samu e Alex Mato. Tamén: Cancela, Martín Costa, Martín Méndez e Xoel.
Sofán: Christian, Fabian (Diego), Simon (Alex Docampo) Nacho, Gabri, Eloy, Aaron (Montero), David (Cristian Novi), Cuadrado (Sebas), Rial e Marcia.
Goles: 1-0, m.7: Manu Garrido; 2-0, m.18: Samu; 3-0, m.26: Manu Tasende; 4-0, m.31: Manu Tasende; 5-0, m.82: Manu Tasende.
11 do Sofán no Cairo
Pouco que contar nun partido de total superioridade cormelá, que comezaba arrasando e marcando 4 goles en apenas media hora. Os Manus (sen o capi do ano pasado, Bermúdez, un dos únicos xogadores que pasou de categoría) volven demostrar que van ser nomes propios esta temporada.
Ponteceso - Zas (0-3)
Ponteceso: Lucas, Roberto (Martín Rioboo), Adrián Lema, Raúl, Carlos, Márquez (Iván Rey); Marco (David Castro), Jose, Musi, Diego Pereira (Pablo Sánchez); Lucas e Isaac.
Zas: Pereiras; Adrian, Xabi (Madelin) (Quique), Rojo (Unai), Mateo (Roi); Dario, Pablo; Raul, Fariña, Juan e Tomé.
Goles: 0-1, Tomé; 0-2, Juan; 0-3, Fariña.
O Zas xuvenil no Pinguel
Merecido triunfo nun partido marcado polas dúas expulsións, unha en cada equipo, e a eficacia goleadora do Zas. O choque comezaba sen dominador claro, con ocasións por ambos bandos, pero era o Zas o que aproveitaba un erro da defensa dos de Brais para abrir o marcador. Marco e Isaac e Jose avisaban de que o cadro pontecesán non se ía vir abaixo, pero non acertaron a empatar.
Antes do descanso, o colexiado expulsaba ao meta local Lucas, tendo que colocarse Musi baixo paus. Tamén o zaseiro Tomé vía o cartón vermello antes do descanso.
O Ponteceso tivo a súa mellor ocasión nun penalti de Jose que detivo o meta Pereiras, xa con 0-2 no marcador, na segunda metade. Nun córner ampliaría rendas o Zas xa no treito final.
San Lorenzo - Outes (1-4)
San Lorenzo
San Lorenzo: Iago, Juan, Cambón, Jota, Iván, Ures, Garrido, Álex, Edu, Fran e Castro. Tamén: Rubén, Borja, Pipa, Arturo e Esteban.
O Outes deu a sorpresa en Verdillo
Bo partido o xogado nas Pedreiras, no que puido ser a sorpresa da xornada. O Outes saíu moi serio en defensa e facendo con moito perigo nas contras. Así se colocaban por diante na primeira metade ante un cadro de Juni que non era quen de facerlle dano aos da Serra.
Comezaba a segunda cun novo tanto dos visitantes, pero o cadro local recurtaba e apretaba moi forte, tendo varias ocasións para meterse definitivamente no partido, pero finalmente, Ramón sentenciaba o choque, facendo dous goles como Kevin.
Camariñas - Cabana (3-5)
Camariñas: Sergio, Cibrán, Fran, Anxo, Eric, Hugo, Dylan, Luís, Mario e Brais. Tamén xogaron: Nando, Juan e Cristián.
Cabana: Roberto (Manuel), López (Brais), Rubén, David (Collazo), Dani, Samuel, Javi (Eloy), Castro, Simón, Manuel e Pablo (Nando).
Partido moi igualado e con alternativas no marcador nunha tarde de moita calor. Adiantouse o Cabana pero antes do descanso empataba o Camariñas. Comezaba unha igualada segunda metade e o cadro local se metía por diante, pero o goleador da tarde, Manu daba a volta ao marcador. Sen tempo a celebralo Dylan empataba de novo o choque, pero na recta final os Simón, e de novo Manuel, sentenciaban un partido que ben puido rematar en empate.
Soneira - Coristanco (15-0)
Soneira: Chris (Pisony, m.45), Brais (Dami, m.45), Chasko, Ángel (Santi, m.45), Jorge, Edgar (Álvaro, m.45), Alex, Rauliño, Sergio (Chimi, m.45), Cris Canosa e Fran.
Coristanco: Ezequiel, Cotelo, Cives, Brais, Adrián, Canto, Iago, Esteban, Raúl, Kevin e Rubén.
Plantel do Soneira Xuvenil 2018-2019
Bastantes facilidades deu en defensa un Coristanco aínda en construción a un Soneira que parece que este ano apunta alto. Non lle deron opción os de Pichón ao cadro verde, dominando dende o principio con total superioridade e acerto, sobre todo da man dos dous dianteiros soneiráns Cris Canosa cun repóker de goles e Fran con 4.
Imaxe do choque Soneira-Coristanco
Xallas - Os Miúdos (0-4)
Xallas xuvenil o sábado en Fontenla
Xallas: Álex Barbeira, Fernando Pensado,
Iván, Héitor, Víctor Espasandín, Guillín, Adrián, Brais Calo, Grille, Facal e Fabián. Tamén: Iván, Dani Antelo, Kevin Mourelle, Pablo Pazos e Adrián Mourelle.
Os Miúdos; Balayo, Ángel, Javi, Fran, Dani, Abel, Gesto, Jose, Alon, Ismiña, e Rubén. Tamén xogaron: Antón, Ángel Sanandres, Pipo, Xian e Flavio.
Goles: 0-1, m.10: Alon tras un bo movemento de Rubén; 0-2, m.40: Alon aproveita un bo pase ao oco; 0-3, m.60: Rubén; 0-4, m.89: Ismiña.
Partido para esquecer do cadro xalleiro ante un equipo muradán que estivo tremendamente seguro atrás. Pronto marcaron os de Manu Camello, que mesmo tiveron un par de ocasións máis para aumentar a renda ante un Xallas que aínda non se atopara no campo. O Xallas foi un equipo sen intensidade en defensa e sen profundidade en ataque, pero si tivo un par boas contras que puideron empatar. Alon tamén faría o segundo antes de ir ao descanso, demostrando o poderío físico tanto del como de Rubén no ataque muradán.
Na segunda os visitantes seguían facendo moito dano á defensa xalleira, e faría o terceiro, mentres o Xallas non conseguía recuperarse. As ocasións xeradas polo Xallas en ataque foron froito do individualismo de Grille, que acabou lesionado o partido.