Xuvenís: Trío á cabeza
19:39 25/09/18
O Soneira sumou a súa segunda goleada ante o Coristanco e é líder
Soneira, Fisterra e Corme, os únicos equipos que quedan sumando partidos por vitorias nesta liga que ten moi boa pinta. O Soneira tivo dúas sinxelas goleadas ante dous dos equipos que non coñecen a vitoria, mentres que Fisterra e Corme volveron demostrar que este ano tamén estarán loitando por todo. Se cadra a sorpresa da xornada foi a vitoria do Outes en Verdillo.
Baio - Fisterra (0-1)
- Baio: Íñigo, Miguel, Ariel, Yago, Adrián (Manuel); David, Carlos, Pose (Martín), Samuel (Tinciño); Torrado (Cedrón) e Pablo.
- Fisterra: Breo, Puyol (Ángel Suárez, m.85), Ángel Golpes, Rui, Diego (Quintela, m.60), Yago, Aarón (Zeus, m.85), Miguel, Benlloch (Oliver, m.80), Xan Xixo (Manu, m.55) e Isaac.
- Goles: 0-1, m.75 Isaac controla co peito un bo pase de Miguel dentro da área e fusila ao porteiro.
Corme - Sofan (0-5)
- Corme: Lucas, Alexandre, Ángel, Aitor, Eloy, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Manu Tasende, Samu e Alex Mato. Tamén: Cancela, Martín Costa, Martín Méndez e Xoel.
- Sofán: Christian, Fabian (Diego), Simon (Alex Docampo) Nacho, Gabri, Eloy, Aaron (Montero), David (Cristian Novi), Cuadrado (Sebas), Rial e Marcia.
- Goles: 1-0, m.7: Manu Garrido; 2-0, m.18: Samu; 3-0, m.26: Manu Tasende; 4-0, m.31: Manu Tasende; 5-0, m.82: Manu Tasende.
11 do Sofán no Cairo
Pouco que contar nun partido de total superioridade cormelá, que comezaba arrasando e marcando 4 goles en apenas media hora. Os Manus (sen o capi do ano pasado, Bermúdez, un dos únicos xogadores que pasou de categoría) volven demostrar que van ser nomes propios esta temporada.
Ponteceso - Zas (0-3)
- Ponteceso: Lucas, Roberto (Martín Rioboo), Adrián Lema, Raúl, Carlos, Márquez (Iván Rey); Marco (David Castro), Jose, Musi, Diego Pereira (Pablo Sánchez); Lucas e Isaac.
- Zas: Pereiras; Adrian, Xabi (Madelin) (Quique), Rojo (Unai), Mateo (Roi); Dario, Pablo; Raul, Fariña, Juan e Tomé.
- Goles: 0-1, Tomé; 0-2, Juan; 0-3, Fariña.
O Zas xuvenil no Pinguel
Merecido triunfo nun partido marcado polas dúas expulsións, unha en cada equipo, e a eficacia goleadora do Zas. O choque comezaba sen dominador claro, con ocasións por ambos bandos, pero era o Zas o que aproveitaba un erro da defensa dos de Brais para abrir o marcador. Marco e Isaac e Jose avisaban de que o cadro pontecesán non se ía vir abaixo, pero non acertaron a empatar.
Antes do descanso, o colexiado expulsaba ao meta local Lucas, tendo que colocarse Musi baixo paus. Tamén o zaseiro Tomé vía o cartón vermello antes do descanso.
O Ponteceso tivo a súa mellor ocasión nun penalti de Jose que detivo o meta Pereiras, xa con 0-2 no marcador, na segunda metade. Nun córner ampliaría rendas o Zas xa no treito final.
San Lorenzo - Outes (1-4)
San Lorenzo
- San Lorenzo: Iago, Juan, Cambón, Jota, Iván, Ures, Garrido, Álex, Edu, Fran e Castro. Tamén: Rubén, Borja, Pipa, Arturo e Esteban.
- Outes: Antón, Joel, Nico, Christian, Perol, Fabián, Mariño (Fran Lago, m.85), Ángel (Cartucho, m.46), Josiño (Iván, m.89), Ramón e Kevin (Rubén, m.77).
- Goles: 0-1, m.21: Kevin; 0-2, m.40: Ramón; 0-3, m.52: Kevin; 1-3, m.72: Rubén; 1-4, m.83: Ramón.
O Outes deu a sorpresa en Verdillo
Bo partido o xogado nas Pedreiras, no que puido ser a sorpresa da xornada. O Outes saíu moi serio en defensa e facendo con moito perigo nas contras. Así se colocaban por diante na primeira metade ante un cadro de Juni que non era quen de facerlle dano aos da Serra.
Comezaba a segunda cun novo tanto dos visitantes, pero o cadro local recurtaba e apretaba moi forte, tendo varias ocasións para meterse definitivamente no partido, pero finalmente, Ramón sentenciaba o choque, facendo dous goles como Kevin.
Camariñas - Cabana (3-5)
- Camariñas: Sergio, Cibrán, Fran, Anxo, Eric, Hugo, Dylan, Luís, Mario e Brais. Tamén xogaron: Nando, Juan e Cristián.
- Cabana: Roberto (Manuel), López (Brais), Rubén, David (Collazo), Dani, Samuel, Javi (Eloy), Castro, Simón, Manuel e Pablo (Nando).
- Goles: 0-1, 26: Samuel; 1-1, m.41: Mario; 2-1, m.60: Luís; 2-2, m.75: Manu; 2-3, m.78: Manu; 3-3, m.78: Dylan; 3-4: Simón; 3-5: Manuel.
Soneira - Coristanco (15-0)
- Soneira: Chris (Pisony, m.45), Brais (Dami, m.45), Chasko, Ángel (Santi, m.45), Jorge, Edgar (Álvaro, m.45), Alex, Rauliño, Sergio (Chimi, m.45), Cris Canosa e Fran.
- Coristanco: Ezequiel, Cotelo, Cives, Brais, Adrián, Canto, Iago, Esteban, Raúl, Kevin e Rubén.
- Goles: 1-0, m.3: Brais; 2-0, m.20: Cris Canosa; 3-0, m.26: Cris Canosa; 4-0, m.28: Cris Canosa; 5-0, m.34: Ángel; 6-0, m.36: Fran; 7-0, m.40: Jorge; 8-0, m.43: Sergio; 9-0, m.44: Sergio; 10-0, m.47: Fran; 11-0, m.70: Fran; 12-0, m.70: Cris Canosa; 13-0, m.80: Fran; 14-0, m.84: Chimi; 15-0, m.85: Cris Canosa.
Plantel do Soneira Xuvenil 2018-2019
Bastantes facilidades deu en defensa un Coristanco aínda en construción a un Soneira que parece que este ano apunta alto. Non lle deron opción os de Pichón ao cadro verde, dominando dende o principio con total superioridade e acerto, sobre todo da man dos dous dianteiros soneiráns Cris Canosa cun repóker de goles e Fran con 4.
Imaxe do choque Soneira-Coristanco
Xallas - Os Miúdos (0-4)
Xallas xuvenil o sábado en Fontenla
- Xallas: Álex Barbeira, Fernando Pensado,
Iván, Héitor, Víctor Espasandín, Guillín, Adrián, Brais Calo, Grille, Facal e Fabián. Tamén: Iván, Dani Antelo, Kevin Mourelle, Pablo Pazos e Adrián Mourelle.
- Os Miúdos; Balayo, Ángel, Javi, Fran, Dani, Abel, Gesto, Jose, Alon, Ismiña, e Rubén. Tamén xogaron: Antón, Ángel Sanandres, Pipo, Xian e Flavio.
- Goles: 0-1, m.10: Alon tras un bo movemento de Rubén; 0-2, m.40: Alon aproveita un bo pase ao oco; 0-3, m.60: Rubén; 0-4, m.89: Ismiña.