Aproban o parque eólico do Carboal tras reducir de 4 a 2 aereoxeneradores
Ían ser 4 xigantes, pero a cousa queda finalmente en 2 viraventos. A Xunta vén de aprobar a Declaracón de Impacto Ambiental do Parque Eólico “Carboal”, en Dumbría, promovido por EDP Renovables. Unha zona onde preto do monte de Anseán, onde está a pedra de Brazal a Cabalgada e o castro de Logoso.
A resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental pola que se formula dita declaración recolle que inicialmente este parque, de 19,8 MW de potencia total, estaba composto por catro aeroxeradores e a súa infraestrutura asociada. Proxectaba tamén a instalación dunha torre meteorolóxica.
Finalmente, debido a "certos condicionados”, elimínanse os dous aeroxeradores denominados 'CB-03' e 'CB-04', o aumento da potencia unitaria dos muíños a 7,2 MW e a diminución da poligonal do parque ata os 18MW.
Impactos
O documento, de 40 páxinas, analiza os impactos aínda que os considera non suficientes para paralizar completamente o proxecto, a pesar, por exemplo, da proximidade do ZEC Carnota-Monte Pindo, situado "a menos de 2 quilómetros do parque eólico”, ou as Pozas do Carboal. De feito, o Instituto de Estudos do Territorio conclúe que o proxecto producirá un impacto paisaxístico "evidente pero non crítico".
Igualmente, valora a proximidade do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, que discorre a menos de 1 quilómetro do parque eólico, pero non a antepón.
En canto ao patrimonio cultural, existen elementos patrimoniais de tipo arqueolóxico: Petróglifo de Pedra Longa, Vos Castros, Mámoa dás Areeiras, Mámoa dás Areeiras 2, Petróglifo Pedra dá Rasca, Mámoa de Pedras Canteiras, Túmulo de Campo dá Mámoa e o topónimo Campo dá Mámoa.
”Moi preto da poligonal localízanse tamén bens catalogados como son o cruceiro e o marco do Couto, a igrexa e o cruceiro de San Pedro de Buxantes, o conxunto da capela, o cruceiro e a fonte da Nosa Señora dás Neves e a ermida de San Pedro Mártir e o seu campo da romaría", advirte a resolución.
Debido á altura dos Petróglifos de Pedra Ancha/Pedra Longa e a Pedra dá Rasca, proponse a instalación de pantallas vexetais que diminúan a afección visual na zona.