Asinado un convenio para mellorar a estrada entre o núcleo de Olveira e o encoro de Fervenza
10 de xuño de 2021 (16:00 h.)
A estrada entre Olveira e o encoro da Fervenza é unha pequena vía moi utilizada. Os traballadores de XEAL das centrais hidroléctricas do río Xallas de Fervenza I e II e á de Ponte Olveira, os deportistas do Club Piragüismo Dumbría que acceden aos lugares do Couquiño e Vilafernández, ou a propia veciñanza para ir ás zonas de ocio ou as súas parcelas agrícolas, úsana habitualmente.
De aí a necesidade de renovala, como sinalaron o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, e a Directora Corporativa de XEAL, María Couto, durante a sinatura do acordo para adecentala.
As obras desenvolveranse nun tramo de casi 1 km, para as que XEAL aportará cerca de 50.000 euros.
NOVAS RELACIONADAS
- Abril 21: Licitan as obras de ampliación da DP-3402 de Bustelo a Caberta.
- Marzo 21: Adxudicadas por 826.000 as obras da estrada entre Brens e Hospital.