Venres. 29.03.2024
El tiempo

Adxudicadas por 826.000 as obras da estrada entre Brens e Hospital

Adxudicadas por 826.000 as obras da estrada entre Brens e Hospital

En decembro se abría o prazo de presentación de ofertas, e hoxe a Deputación anuncia a adxudicación, por 826.753 euros, das obras de mellora da estrada DP 2302 de Hospital a Brens, entre Dumbría e Cee. Unha cantidade á que hai que sumarlle os 94.000 xa destinados ás expropiacións.

As obras, que comezarán esta semana cun prazo de execución de 6 meses, desenvolveranse entre os puntos quilométricos 2+100 e 5+890. Realizarase a mellora da estrada, aumentando a sección actual e dotándoa de dous carrís de circulación con 3 metros de ancho e beiravías de 0,50 metros.

O responsable da área de Obras da Deputación e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, destaca que “o proxecto inclúe tamén melloras no trazado do vial, modificando catro interseccións perigosas, suavizado diversas curvas e executando novos de carrís de espera e cuñas para facilitar as incorporación e mellorar a visibilidade, o que suporá importantes melloras na seguridade vial”.

Comentarios