Divertidísimo o Cross Terras do Vákner
- Damián Espasandín volveu triunfar nos Campionatos Galegos Master de atletismo en pista.
Divertidísimo o Cross Terras do Vákner celebrado esta fin de semana na contorna do Conco. A proba agotou as 300 prazas ofertadas nas 3 categorías (infantil, carreira curta duns 4km e carreira longa dando dúas voltas ao circuito de 4k), demostrando o auxe deste deporte.
Porque esta é unha carreira divertida apta para todos os públicos, para os que queiran competir como para os que queiran probar e pasalo ben, como nos contan dende DaFit. "Hai que esforzarse para superar os obstáculos, pero todo o mundo pode superalos e completar a proba, diso se trata".
Facía caloriño, pero as zonas de sombra e de auga, así como os avituallamentos, permitiron gozala máis que sufrila a xente puidese disfrutar de cada obstáculo. Ademais, non houbo incidencias, polo que todo o mundo saíu máis que satisfeito.
Deixamos unha galería de Jorge Castro:
Campeonato Galego Master
Mentres, un dos membros da familia Dáfit, Damián Espasandín, volveu demostrar o seu poderío, conseguindo 3 medallas nos Campionatos Galegos Máster. A pesar de seguir cunha lesió, despois de 3 anos sen competir en pista e despois de 2 operacións, Damián levou a medalla de ouro en 200 m e 400 m, e a medalla de prata en Relevos 4x100 co Atletismo Oradoiro.
Un titán este vimiancés, xa 9 campeonatos galegos nos seus biceps a pesar de estar medio coxo.