Dumbría estrea agosto coa variada Festa da Praia do Ézaro

Como vén sendo costume, a primeira fin de semana de agosto terá lugar a XXXIII Festa da Praia do Ézaro, que se celebrará. Unha cita da máis variada, na que non van faltar a maxia, o circo, con forzudos, malabares, monociclo e pallasos; inchablesxogos de habilidade feitos con material reciclado, os xogos tradicionais (tiro da corda, o baile do cañoto,...), obradoiros para os máis pequenos, animación de rúa,...
Haberá actuacións musicais, que o sábado virán da man dos grupos Perry Mason, En Mala Hora e Superglú, que nos achegarán ao pop-rock, ao funk, ao blues ou ao indie-pop, e aos que seguirá a iluminación da fervenza. E, o domingo, teremos música tradicional e o Grupo Bomba.
E, por suposto, non podía faltar un dos leitmotiv desta festa, o deporte, co Campionato Galego de Volei Praia de categorías inferiores, sesión de ciclo indoor, circuíto infantil de OCR “Praia do Ézaro”, ...)
Ademais, este ano recuperamos a nosa tradicional sardiñada popular do domingo, amenizada por música tradicional, e á que seguirán actuacións, xogos, etc.