Martes. 15.10.2024
El tiempo

Dumbría estrea agosto coa variada Festa da Praia do Ézaro

Dumbría estrea agosto coa variada Festa da Praia do Ézaro
festa da praia do Ezaro 2018 cartel Como vén sendo costume, a primeira fin de semana de agosto terá lugar a XXXIII Festa da Praia do Ézaro, que se celebrará. Unha cita da máis variada, na que non van faltar a maxia, o circo, con forzudos, malabares, monociclo e pallasos; inchablesxogos de habilidade feitos con material reciclado, os xogos tradicionais (tiro da corda, o baile do cañoto,...), obradoiros para os máis pequenos, animación de rúa,...
Haberá actuacións musicais, que o sábado virán da man dos grupos Perry Mason, En Mala Hora e Superglú, que nos achegarán ao pop-rock, ao funk, ao blues ou ao indie-pop, e aos que seguirá a iluminación da fervenza. E, o domingo, teremos música tradicional e o Grupo Bomba.
E, por suposto, non podía faltar un dos leitmotiv desta festa, o deporte, co Campionato Galego de Volei Praia de categorías inferiores, sesión de ciclo indoor, circuíto infantil de OCR “Praia do Ézaro”, ...)
Ademais, este ano recuperamos a nosa tradicional sardiñada popular do domingo, amenizada por música tradicional, e á que seguirán actuacións, xogos, etc.

Comentarios