Dumbría terá unha nova senda peonil dentro dun tramo do Camiño de Santiago

Senda peonil no concello de Dumbría Dentro do proxecto para construir diversas sendas peonís polas estradas provincias, a Deputación da Coruña vén facer pública a licitación da senda peonil na DP 3404 ao seu paso polo termo municipal de Dumbría. As obras forman parte do tramo Fisterra-Muxía do Camiño de Santiago, e segundo apuntou José Manuel Pequeño - deputado responsable da área de Vías e Obras da institución provincial e alcalde dumbriés- construiranse outras sendas similares na DP 5604 de Outes a Pereira por Pesadoira (entre os puntos quilómetricos 15,870 e 16,220), na DP 5201 de Muxía a Touriñán pola costa (entre os quilómetros 1,130 e 1,780). As obras consistirán na construción de varios tramos de plataforma peonil con base de aglomerado na marxe dereita desta estrada povincial. A nova infraestrutura contará con rede de recollida de pluviais e nova sinalización horizontal e contribuirá a facer máis cómodo e seguro o cada vez máis transitado Camiño da Costa. Os tramos obxecto de actuación en Dumbría serán entre os puntos quilométricos 26,830 e 27,210, 27,480 e 28,750 e 30,280 e 30,500 e contarán cun presuposto de 428.258 euros. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 16 de agosto. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña