Venres. 19.04.2024
El tiempo

Dumbría terá unha nova senda peonil dentro dun tramo do Camiño de Santiago

Dumbría terá unha nova senda peonil dentro dun tramo do Camiño de Santiago
Senda peonil no concello de Dumbria Senda peonil no concello de Dumbría Dentro do proxecto para construir diversas sendas peonís polas estradas provincias, a Deputación da Coruña vén facer pública a licitación da senda peonil na DP 3404 ao seu paso polo termo municipal de Dumbría. As obras forman parte do tramo Fisterra-Muxía do Camiño de Santiago, e segundo apuntou José Manuel Pequeño - deputado responsable da área de Vías e Obras da institución provincial e alcalde dumbriés- construiranse outras sendas similares na DP 5604 de Outes a Pereira por Pesadoira (entre os puntos quilómetricos 15,870 e 16,220), na DP 5201 de Muxía a Touriñán pola costa (entre os quilómetros 1,130 e 1,780). As obras consistirán na construción de varios tramos de plataforma peonil con base de aglomerado na marxe dereita desta estrada povincial. A nova infraestrutura contará con rede de recollida de pluviais e nova sinalización horizontal e contribuirá a facer máis cómodo e seguro o cada vez máis transitado Camiño da Costa. Os tramos obxecto de actuación en Dumbría serán entre os puntos quilométricos 26,830 e 27,210, 27,480 e 28,750 e 30,280 e 30,500 e contarán cun presuposto de 428.258 euros. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 16 de agosto. Novas relacionadas Fonte

Comentarios