Dumbría volve pelexar por un final da Volta no Alto do Ézaro

Todo depende de se La Vuelta 2016 pasa ou non por Galicia. Pero se pasa, xa está o Concello de Dumbría traballando para conseguir outro final de etapa no alto do MIrador do Ézaro, xa convertido nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo. Así o afirmaba o Diario de Pontevedra e Dorsal51 estes días, pero aínda sen confirmación.

Xa comprobamos a incidencia que tivo a presencia da terceira carreira ciclista máis importante do planeta no sector turístico. Ata un aumento do 155% notou Dumbría neste 2014, en parte, gracias á Vuelta. Unha nova demostración de que cando se fan ben as cousas, traen bos resultados, non como na veciña fin do mundo, onde o desinterese, mesmo por estas grandes iniciativas, parece laxo.

A chegada do pelotón á zona dependerá daquela de se La Vuelta 2016, que xa ten confirmada a saída en Oporto, pasa por terras galegas. “Non hai nada cerrado”, pero a sona que están collendo as rampas do Alto do Mirador gustan, e moito, dentro da organización. Polo que a segunda fin de semana de proba poderá tocar cita en Dumbría.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).