“O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”


Segue cumplindo o doble obxectivo o Desafío do Atlántico: convertirse nunha referencia a nivel deportivo e facer da marca “Alto do Mirador do Ézaro” un incono, e servir de escaparate da beleza da zona do Ézaro a nivel turístico. Xa se desenvoveron presentacións en Pontevedra e A Coruña, e este pasado venres tocaba presentar en Vigo a segunda edición da proba ciclista. Nestes momentos, a marcha suma xa 240 inscritos, cando quedan menos de dúas semanas para a pechadura do prazo.
O acto tivo lugar nun lugar especial, na Vinoteca Ézaro. I é que a vinoteca leva o nome do Ézaro pois foi onde a parella que o rexenta se pediron matrimonio. Todos os invitados quedaron “sorprendidos” coa decoración e a historia do local, que ten tralo nome (Ézaro) unha curiosa historia familiar.
O acto contou coa intervención de diversos nomes relacionados co ciclismo galego. Os exciclistas Marcos Serrano e José Anxo Vidal foron dous dos protagonistas. O redondelano opinou que «co Ézaro non se conseguiu soamente chegar a un sitio bonito, conseguiuse que haxa un porto mítico en Galicia que sexa referencia do peregrinaje do ciclismo». Asegurou entre risas que, malia a dureza, gustaríalle poder subir o Mirador na súa etapa profesional: «Por probalo non houbese estado mal».
José Anxo Vidal, o galego con máis participacións no Tour de Francia, falou do Desafío do Atlántico como un proxecto de futuro: «Esperamos que vaia collendo cada ano máis forza e que cada ano haxa máis participantes». Así mesmo, fixo énfasis na beleza do percorrido e asegurou que «os participantes que se estreen este ano van engancharse».
Pola súa banda, tamén expuxo as súas opinións na cidade olívica Ricardo Terceiro, gerente da Federación Galega de Ciclismo. Subliñou que «esta edición é o segundo paso cara á consolidación», augurando o devir das próximas edicións: «Esperamos que se convirta nunha das grandes marchas de España».
Este sábado comezará a conta atrás das últimas dúas semanas para a disputa do II Desafío do Atlántico, que se celebrará o próximo 7 de xuño entre a Praia e o Mirador de Ézaro, e transcorrerá por gran parte da Costa dá Morte.
Este luns realizarase a presentación en Ourense e están previstos dous actos máis en Lugo e en Muxía, coa presenza doutros nomes do ciclismo galego.
Novas relacionadas
- O Desafío do Atlántico tamén se espalla por Pontevedra.
- Arrinca o Desafío do Atlántico: “O Mirador do Ézaro é un monumento do ciclismo internacional”.
- 130 ciclistas disfrutaron da beleza das nosas estradas no II Trofeo Luso-Galaico
- Alfredo Relaño: “Non coñecía este emprazamento privilexiado ata que o ciclismo o ensinou ao mundo”.
- Dumbría, único concello costeiro no Circuito Provincial BTT.
- Aberto o prazo de inscrición para o Desafío del Atlántico.
- Dumbría subiuse á bici de montaña.
- Un 2014 sen Vuelta pero cun gran Desafío del Atlántico.
- Carnota pensa na II Carreira Viquinga e a III Ruta BTT para a Semana Santa.
- A tregua meteorolóxica permitiu un espectáculo de primeira no Ciclocross de Dumbría.
- 2013: Volta a España con Final na Fin do Mundo.
- 2013: O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Desafío del Atlántico.