Os Enjominados de See vencen ás comparsas de Fisterra no domingo de Entroido de Dumbría

Entroido de Dumbria

Saíu ben, a pesar do bo día, meter o Concurso de Comparsas de Entroido pavillón do Conco. Ateigado ata a bandeira para ver as 8 comparsas en liza, nun dos certames máis afianzados da comarca. Chegadas de Fisterra, Negreira, Camariñas e a Ponte do Porto e Zas, as comparsas gozaron sobre o escenario ante un público entregado.

Abriron a sesión a comparsa da casa, cos pequechos e pequechas dumbriesas pegándose unha sesión de zumba completa.

Foron psando as comparsas. sacando as riras do público, e as escollidas como gañadoras polo xurado foron Os Enjominados de See, a comparsa máis numerosa con medio centenar de participantes, e que levaron o premio de 1000€, despois de quedar na 3ª praza no Entroido da Ponte do Porto do sábado.


Os Enjominados de See recollendo o primeiro premio do Entroido de Dumbria

O segundo posto leváronno Os da Charca e o terceiro Os Trotamúsicos, abrindo lume xa para o certame do gran Martes de Entroido Fisterrán.

Por detrás quedaron os Paxariños do mundo de Zas, As sojras adovecidas nas vespas de Negreira; “Ponte Disfraz: o Reino fantástico da Ponte do Porto” e as “As Palomitas da Ponte”, que fixeron as delicias do público: