Venres. 10.04.2020
El tiempo

A Ponte do Porto estreou, con alegría e premio, o seu Concurso de Comparsas

Un mundo de Fantasías gañou o premio do Entroido da Ponte do Porto
Un mundo de Fantasías gañou o premio do Entroido da Ponte do Porto
A Ponte do Porto estreou, con alegría e premio, o seu Concurso de Comparsas

'Un mundo de Fantasías' é a primeira comparsa que gaña o Concurso de Comparsas de Ponte do Porto. A vila camariñá celebraba este sábado por primeira vez un certame, e o premio de 300€ tivo a ben quedar na vila, pois a comparsa gañadora é do lugar.

En segundo lugar, cun premio de 200 euros, quedou a comparsa 'As Costas das Mulleres', de Camariñas. E o terceiro posto foi para 'Engominados' de Cee, cun premio de 175 euros. Ademais, as comparsas que non resultaron premiadas recibirán unha axuda económica, 100€ respectivamente, neste caso para 'As Palomitas' da Ponte do Porto e 'El Arca de Noé' de Vimianzo.

2 As Costas das Mulleres Camariñas copia
As camariñás As Costas das Mulleres levaron o segundo premio

3 Engominados Cee no Entroido da Ponte do Porto
Os Enjominados de See levaron o terceiro

Continúa o Entroido en Camariñas

O Certame de Comparsas de Camariñas terá lugar este luns 24, e repartiranse 2.800 euros en premios.
O concurso consistirá nun desfile, con saída ás 19:30 horas da Praza do Concello e que percorrerá diferentes rúas da parroquia ata chegar ao Pavillón Municipal, onde ás 20:30 horas horas comezará a actuación sobre o escenario.

Ademais, Camariñas tamén ten pendente varias citas polas parroquias, e Enterro da Sardiña.

Todas as citas do Entroido

comentarios