Estampa o seu vehículo contra unha árbore en Santa Uxía e marcha
26 de febreiro de 2026 (16:30 h.)
Aconteceu esta pasada madrugada arredor das 2:00h da mañá. Un particular alertaba da presenza dun vehículo estampado contra un piñeiro na baixada dende o Miradoiro do Ézaro dirección Santa Uxía.
O 112 pasou aviso a Urxencias Sanitarias, os Bombeiros e Mantemento, pero á súa chegada, non había ninguén no vehículo nin nos arredores, enviando de volta á ambulancia do 061. A persoa que conducía conseguía saír e, a pesar do golpe, marchou abandonando o coche.
Veciños da zona aseguran que o coche tiña ir a moita velocidade, tal e como quedou o vehículo, doblado pola parte dianteira do condutor.