xoves. 26.02.2026
El tiempo

Estampa o seu vehículo contra unha árbore en Santa Uxía e marcha

accidente en Santa Uxia
Estampa o seu vehículo contra unha árbore en Santa Uxía e marcha

Aconteceu esta pasada madrugada arredor das 2:00h da mañá. Un particular alertaba da presenza dun vehículo estampado contra un piñeiro na baixada dende o Miradoiro do Ézaro dirección Santa Uxía.

O 112 pasou aviso a Urxencias Sanitarias, os Bombeiros e Mantemento, pero á súa chegada, non había ninguén no vehículo nin nos arredores, enviando de volta á ambulancia do 061. A persoa que conducía conseguía saír e, a pesar do golpe, marchou abandonando o coche.

Veciños da zona aseguran que o coche tiña ir a moita velocidade, tal e como quedou o vehículo, doblado pola parte dianteira do condutor. 

Comentarios