Falece unha muller que apareceu aboiando na praia do Ézaro

Helicçoptero medicalizado na praia do Ézaro. Foto: Jorge Castro

Esta pasada tarde de venres, unha muller perdía a vida na praia do Ézaro. A muller, veciña do lugar, aparecía aboiando na beira arredor das 16:30h. De contado, avisouse ao 112, que trasladou unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que nada puideron facer por salvarlle a vida.

No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Dumbría.