A Festa da Familia de Berdeogas, a gran cita veciñal dumbriesa
02 de xullo de 2026 (08:12 h.)
Se hai unha festa á que non falte un só veciño de Dumbría, esa é a Festa da Familia. A carballeira de Berdeogas, a Devesa da Lúa, acolle o domingo 19 de xullo a 24ª Festa da Familia.
Milleiros de persoas encherán de troula a carballesa nunha nova xornada de convivencia e festa.
Está aberto o prazo para a reserva de mesas, que se realizará nas oficinas municipais ata o día 16.