Juan Louro agradece a colaboración do Concello de Dumbría cunha fermosa foto

Fermosa cesión do fotógrafo do Ézaro, Juan Louro, ao Concello de Dumbría. Unha desas fotos que non pasa desapercibida en ningún lado, na que hai que fixarse, e que pertence á súa colección itinerante "Ao Cabo" (2012). Unha expoción fotográfica que aborda a crúa situación actual da frota pesqueira da Costa da Morte e está a percorrer distintas cidades do mundo.
Así, estas imaxes dos cadáveres de pequenas embarcacións reflexan a situación do mundo da pesca artesanal en pleno século XXI.

A mostra arrancou a súa andaina no Outono Fotográfico 2012, no Museo Municipal de Ourense, e xa viaxou polo Pazo de Dom Manuel, en Évora (Portugal) e, máis tarde, recalou na vila francesa de Millau, Midi-Pyrénées.

Juan Louro entregou esta foto ao Concello como agradecemento á colaboración na posta en marcha desta colección, durante todo o ano pasado. Agora xa podedes ver os restos dun barco situado na zona da Corbeira (O Ézaro), na desembocadura do Xallas e a uns metros da fervenza presidindo a Oficina de Información Turística do Ézaro.

Por certo, non deixedes de seguir as súas andainas pola Costa da Morte a través do seu blog, que merece moito a pena: ezaroenfotos.blogspot.com.

Novas relacionadas

Fonte