Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os barcos finados da Costa da Morte naugrafan en Ourense

Os barcos finados da Costa da Morte naugrafan en Ourense
Un dos barcos finados de Juan Louro que precisamente xace no Ezaro

Por río, que por mar é complicado, deberon chegar os barcos de Juan Louro ata Ourense para finar aló. O fotógrafo do Ézaro Juan Louro está levando a súa exposición Ao Cabo por toda Galicia. Así, do 23 de outubro ao 18 de novembro de 2012 os seus barcos recalan o Museo Municipal de Ourense.

"Ao Cabo" é unha exposición que segundo explica nunha entrevista para un dixital ourensán o dumbriés, "quere facer ver e sentir ao espectador, dende o seu plantexamente estético e realista, a destrucción dun sector, dunha forma de vida e dunha comarca", a Costa da Morte.

I é que a exposición recolle unha serie de "cadáveres de embarcacións que parecían berrar para que alguén fora notario da súa traxedia". Así, esta exposición, conta con 30 fotografías (2 impresas sobre caixas de madeirasonde tradicionalmente se transportaba o peixe) percorren o país aumentando o simbolismo da Costa da Morte.

Louro ten que agradecer a labor da deseñadora Lúa LG (de Orballa), e a comisaria expositiva Ana Skette. Unhas bravas que incitaron tamén a abrir unha sección de "Fotopoemas" ou un debate en twitter todos os domingos entre as 19:00h e ás 20:00h.

Máis información

Fonte

Comentarios