Limpeza viaria en Olveira

O equipo de Bombeiros de Cee desprazouse esta mañá ata a zona do cemiterio de Olveira, en Dumbría, despois de que un particular alertara sobre un vertido de purín na estrada que une Olveira con Baíñas. Ao parecer, a mancha de purín supoñía un perigo para a circulación e na limpeza empregaron 2000 libros de auga. O operativo durou 25 minutos e nel participaron catro bombeiros e dous vehículos. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Bombeiros de Cee