Limpeza viaria en Olveira
20:07 19/11/17
O equipo de Bombeiros de Cee desprazouse esta mañá ata a zona do cemiterio de Olveira, en Dumbría, despois de que un particular alertara sobre un vertido de purín na estrada que une Olveira con Baíñas.
Ao parecer, a mancha de purín supoñía un perigo para a circulación e na limpeza empregaron 2000 libros de auga. O operativo durou 25 minutos e nel participaron catro bombeiros e dous vehículos.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Bombeiros de Cee