O cole de Dumbría celebrou outra intensa semana do Libro

Volveron os libros tomar o cole de Dumbría. O CEIP Santa Eulalia de Dumbría celebrou, durante a semana do 23 ao 27 de abril a VII Semana do Libro. Unha semana chea de actividades na que os protagonistas foron os máis peques.

Este ano foi un concurso literario o que centrou o programa. Todos os alumn@s do centro participaron cos seus contos e relatos, deixando unha serie de gañadores que darán moito que falar coa súa pluma.

A Semana completouse con dúas fermosas visitas. O xoves estivo o mago Martín Camiña, gracias á colaboración do Concello, facendo as delicitas dos máis pequenos co seu espectáculo máxico-lingüístico "Lingua do país" por Martín Camiña. Quedaron abraiados os peques dumbrieses coas súas ilusións con cartas, cordas…

E quen mellor para pechar a Semana que unha habitual. Rocío Leira é xa parte do centro, e realizou un obradoiro literario co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

O Mago Martín Camiña no Cole de Dumbría
Rocio Leira na Semana do LIbro do colexio de Dumbría

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).