O PP de Dumbría critica o arranxo da pasarela do Ézaro

Aínda non están en marcha as obras de remodelación da pasarela aérea que permitirá o acceso desde o frontal do Museo de Electricidade, onde os eucalipstos, ata uns metros antes da cascada de O Ézaro, nas escadas que baixan á mesma. Pero o PP dumbriés xa salta a voz de alarma ante o que entende como “investimentos faraónicas” (a obra que custará 670.000 euros), cando “existen vivendas con pozos negros porque Dumbría carece de depuradora”.

Non considera necesario o novo voceiro da oposición, Manuel Bacia, a remodelación do punto turístico máis importante do Concello e case que da comarca; e valora que paralelamente no “arenal de O Ézaro vértense augas fecais de xeito incontrolado que poñen en perigo a zona”. Denuncia ademais “o mal estado en que se atopan moitos dos camiños que dan acceso ás leiras na parroquia de Olveira, o que complica e dificulta que os veciños poidan acudir a elas”, cousas que considera máis necesarias que as obras da pasarela.

Polo de pronto, as máquinas aínda non comezaron ca pasarela, mentres seguen traballando na segunda fase do que denominan Boulevar, na subida ao mirador.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP dumbriés.