Martes. 27.10.2020
El tiempo

O PP dumbriés cambia de cara

O PP dumbriés cambia de cara
Manuel Barcia-PP Dumbria

Ramiro Iglesias, tras unha convulsa vida política municipal, deixa o posto de voceiro do PP de Dumbría. O comité provincial vén de escoller nova xestora, que estará presidida por Manuel Barcia, o que ata agora era voceiro do Partido Independiente Empresarial de Dumbría, conseguindo nas últimas eleccións municipais un posto de concelleiro.

Ademais, o posto de secretario será para Jesús Lema Ponte e os vocales serán: Rubén Branco López, Jesús Manuel Maceira Trillo, Michael Grille Santiago, Martín Domínguez Trillo, María Rocío Lema Vieites e Carlos Lado García.

Rocío Fernández Formoso, nova concelleira do PP de Muros

Rocío Fernández, nova concelleira do PP de Muros

Xa vai un mes dende Rocío Fernández Formoso tomou posesión como concelleira do Partido Popular de Muros, tralo cese de Ramón Castro Tajes. Rocío, veciña de Muros, concurriu na lista electoral do Partido Popular, e trala renuncia de outros candidatos a tomar posesión como concelleiros, por razóns na maioria dos casos de índole laboral, espera tomar posesión do seu cargo en breve, unha vez realizados os trámites legais correspondentes.

Fonte

comentarios