O Samaín sobrevive nas Escolas

Xa está o Ruper preparado na Praza do Pan de Corme. Pero a verdade é que a meirande parte das celebracións do Samaín para esta semana de Defuntos danse nas escolas. Como nos últimos anos, son os centros de ensino os que están devolvendo a vida esta tradición expropiada polo Haloween anglosaxón.

Hoxendía son ducias de colexios e escoliñas os que celebran a data, con cabazas e atuendos máis parecidos ao Haloween que a outra cousa, pero a intención é a importante. Centros coma o do Dumbría, que recupera a tradición das cabazas nos camiños.

Os nenos e nenas do CEIP Santa Eulalia de Dumbría celebraron o Samaín e o Halloween, culminando a semana coa ancestral costume de decorar as cabazas para alumar os camiños. Durante esta semana fixeron diversas actividades, entre as que cabe destacar a lectura e representación de historias de medo, proxeccións de curtas e películas de terror (tanto en galego como en inglés) e a decoración para ambientar o centro. Foron unhas xornadas moi didácticas e divertidas tanto para os rapaces e rapazas como para os mestres e mestras.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).