O Samaín sobrevive nas Escolas


Xa está o Ruper preparado na Praza do Pan de Corme. Pero a verdade é que a meirande parte das celebracións do Samaín para esta semana de Defuntos danse nas escolas. Como nos últimos anos, son os centros de ensino os que están devolvendo a vida esta tradición expropiada polo Haloween anglosaxón.
Hoxendía son ducias de colexios e escoliñas os que celebran a data, con cabazas e atuendos máis parecidos ao Haloween que a outra cousa, pero a intención é a importante. Centros coma o do Dumbría, que recupera a tradición das cabazas nos camiños.

Os nenos e nenas do CEIP Santa Eulalia de Dumbría celebraron o Samaín e o Halloween, culminando a semana coa ancestral costume de decorar as cabazas para alumar os camiños.
Durante esta semana fixeron diversas actividades, entre as que cabe destacar a lectura e representación de historias de medo, proxeccións de curtas e películas de terror (tanto en galego como en inglés) e a decoración para ambientar o centro.
Foron unhas xornadas moi didácticas e divertidas tanto para os rapaces e rapazas como para os mestres e mestras.
Novas relacionadas
- Samaín 2013: O Samaín crece dende a escola.
- Samaín 2012: Os centros educativos recuperan un importado Samaín.
- Samaín 2011: Cabazas, bruxas, pantasmas e curuxas para o Samaín de Zas.
- Samaín 2010: Zas ten medo.
- Samaín 2010: 6 vídeos de terror para lembrar o Samaín e promover o uso do galego na escola.
- Unha bisbarra con Encantos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).