Os artistas dumbrieses expoñen as súas manualidades
25 de xuño de 2013 (08:06 h.)
Os propios dumbrieses son os protagonistas da exposición que loce no Centro Social de Dumbría (fronte ó Concello) ata o venres, 28 de xuño. Xa está aberta ó público a exposición dos traballos realizados nas clases de manualidades durante este curso 2012-2013, e pode visitarse de 9 a 14 horas.
Xa podedes pasar e admirar estas obras de arte feitas polos veciños e veciñas de tódalas parroquias de Dumbría.